Home  
 
 
 
 
  O Concello de Ourense desestimou as peticións das tres principais operadoras de telefonía móvil, dúas de elas de licencia para unha antena na rúa Francisco Huertas, mentras que no caso de Vodafone España o Concello desestima o recurso de reposición interposto contra unha resolución anterior da Xunta de Goberno pola que se lle denegou a operadora a correspondente licencia para outra antena na rúa Doutor Peña Rey. No caso de France Telecom España, S.A. é decir, Orange, e Telefónica Móviles España, S.A., a resolución conleva "apercibemento legais correspondentes en caso de incumprimento", a disponse que a Policía Local constate o cese de actividade das antenas.
 
 
O Concello de Ourense denega tres antenas de telefonía móbil das tres principais operadoras españolas  
19 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense declara ás empresas France Telecom España S.A., Orange, e Telefónica Móviles España S.A., "desistidas" das peticións de licencia de apertura para a antena de telefonía móvil que ambas empresas presentaran para a rúa Francisco Huertas, nº 1, ao tempo que se arquivan ambos expedientes.
Así o acordou este xoves a Xunta de Goberno Local, que require a ambas empresas para que, no seu caso, "cesen no exercicio de tal actividade por carecer da preceptiva licencia, cos apercibemento legais correspondentes en caso de incumprimento". Tamén se dispón que a Policía Local comprobe este extremo.
    
Tamén a Xunta de Goberno Local deste xoves acordou desestimar o recurso de reposición interposto por Vodafone España contra a resolución deste mesmo órgano de 26 de xuño de 2008, pola que se denegou licencia de apertura para estación base de antena de telefonía móbil na rúa Doutor Peña Rey, nº 12.
A xunta local basea o acordo actual nos informes técnicos que indican que queda acreditado o incumprimento do artigo 6 da ordenanza municipal de infraestructuras radioeléctricas, "xa que a instalación se pretendía dentro dunha zona de cautela", sinálase en dito acordo.

Outros acordos

- Pliegos de cláusulas económico-administrativas e condicións técnicas para a contratación da xestión do servicio público de apoio a familias monoparentais con menores do Concello de Ourense, mediante concesión e por procedemento aberto, cun orzamento de licitación de 165.000 euros para o ano 2009.

- Adxudicación das obras de construcción de glorieta na rúa Ramón Puga para reordenación do tráfico nos accesos ó Compleo Hospitalario de Ourense. As obras serán realizadas pola empresa Construcciones Benito Adán Lorenzo por un importe de 200.377,80 euros (IVE incluído). A adxudicataria deberá ademáis realizar melloras valoradas en 6.011,33 euros.

- Aprobación do proxecto de rehabilitación do conxunto das traseiras da rúa Pena Trevinca, 24-40 (traseiras á rúa Coenga), por un importe de 212.649,03 euros (IVE incluído)

- Adxudicación das obras de mellora medioambiental no núcleo histórico de Ourense IV á empresa Pozanca S.L, por un importe de 150.000 euros (IVE incluído), debendo realizar obras gratuítas por importe de 380 euros. Os traballos serán financiados con cargo á partida do Proxecto Urban incluida nos orzamentos municipais para o presente ano 2008.

Volver atras
Imprimir Página
 
  Antena de Telefónica Móbiles da rúa Parada Justel, camuflada nunha falsa cheminea, que o Concello de Ourense ordenou desmontar o 6 de decembro do ano pasado