Home  
 
 
 
 
  O Hospital Comarcal de Valdeorras incluirá estes días na súa carteira de servizos a realización de amniocentese, proba diagnóstica que permite coñecer posibles defectos xenéticos ou cromosómicos do feto, coma a Síndrome de Down, indicada para unha porcentaxe de xestantes e que para o que ata agora ás valdeorresas tiñan que desprazarse a Ourense. Así o anuncia o SERGAS, que sinala que este Centro atende a unha media anual de 180 mulleres embarazadas, das que ao redor de 20 precisan esta proba.
 
 
O Hospital de Valdeorras realizará probas de amniocentese para o diagnóstico fetal, evitando os traslados a Ourense
16 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O Servizo Galego de Saúde ven de anunciar que incluirá estes días na súa carteira de servizos do Hospital Comarcal de Valdoerras a realización da amniocentese, unha proba que ata o de agora requería facela no CHOU da capital ourensá co conseguinte desprazamento ata a cidade.
Segundo sinala o SERGAS, a implantación deste procedemento "forma parte da liña de mellora do Hospital Comarcal de Valdeorras cara ó aumento da accesibilidade aos servizos sanitarios", enmarcándose no grupo de  medidas de descentralización e montaxe a nivel

comarcal de unidades como as implantadas no Barco, de Coidados Paliativos, Quimioterapia, Diálise, ou de apoio diagnóstico como a Resonancia Magnética Móbil, todas elas ata hai uns anos só accesibles nos hospitais con maior volume de poboación.

Con esta medida o hospital e o seu Servizo de Xinecoloxía e Obstetricia "é especialmente sensible as necesidades específicas das mulleres, ás que desde a Consellería de Sanidade se está a dar resposta a través do Plan de Atención Integral á Saúde da Muller", sinalan os responsables do SERGAS.

 
Volver atras
Imprimir Página