Home  
 
 
 
 
  A Oficina de Atención ó cidadán mantén durante o período estival a elevada afluencia dos meses anteriores. Deste modo, no recentemente finalizado mes de agosto, a oficina rexistrou unha grande asistencia de cidadáns para mostrar as súas inquedanzas con respecto á cidade, que resolveu con éxito no 86% dos casos. En concreto, un total de 286 cidadáns trasladaron a este servizo municipal as súas solicitudes de información, queixas, consultas ou suxestións, alcanzando unha suma de 1.900 cidadáns dende a apertura da oficina o pasado mes de abril.
 
Noticias Relacionadas
  Medrou en xuño o número de ourensáns que acudiron á Oficina de Atención ó Cidadán do Concello de Ourense
 
 
Segue a eficacia da Oficina de Atención ó Cidadán do Concello, que resolveu o 86% das solicitudes rexistradas en agosto
2 de SETEMBRO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Xa son preto de 2.000 as xestións realizadas polos veciños do municipio de Ourense na Oficina de Atención ó Cidadán dende a su apertura no mes de abril. Pese a tratarse de agosto, a Oficina contabilizou neste pasado mes o paso de 286 cidadáns por estas dependencias, ós que deu resposta no 86% dos casos, segundo sinala o propio Concello da capital ourensá.
Dentro das peticións que expuxeron os cidadáns, as concellerías de Medio Ambiente, Infraestruturas e Seguridade resolveron máis dun 62% dos avisos rexistrados no mes de agosto. Concretamente, a reparación das beirarrúas, a reposición do alumeado público, e o acondicionamento de parques e zonas verdes foron algúns dos temas máis destacados deste último mes.

Con respecto á información telefónica e telemática, rexistráronse 169 consultas, das cales 88 foron vía telefónica, e 81 a través da páxina web.
Ademáis, solicitaron o acceso á Carpeta Cidadá un total de 36 cidadáns. Tendo en conta estes datos e a atención presencial da oficina, un total de 455

JOSE CERDEIRA 
    María Devesa, concelleira de Participación
    Cidadá

cidadáns fixeron uso do servicio neste mes.

A Oficina de Atención ó Cidadán é un servicio dependente da Concellería de Participación Cidadá, que ten como finalidade facilitar ós veciños información e asesoramento sobre os diferentes servicios municipais ó tempo que recibir as súas queixas e suxestións.
A Oficina presta atención presencial nas súas oficinas en Praza de Santa Eufemia, 6, baixo (esquina rúa Arcediagos), telefónica, a través do número 988 392909 (fax: 988 227541), e telemática, mediante a páxina web do Concello: www.ourense.es O horario de Atención ó público é de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h

 
Volver atras
Imprimir Página