Home  
 
 
 
 

Alfredo Suárez Canal, conselleiro de Medio Rural

 
  A Consellería do Medio Rural executará as obras de acondicionamento de preto de 70 camiños na comarca do Ribeiro (aínda que na relación tamén figura o Concello de Ourense) co obxectivo de favorecer o desenvolvemento das actividades produtivas nesta área, inseridas no proxecto de “Impulso Vitivinícola do Ribeiro”. Esta actuación contará cun investimento de 2.363.503 euros, segundo acordou o Consello da Xunta deste xoves e comunica a propia consellería de Medio Rural.
 
Noticias Relacionadas
  Medio Rural anuncia preto de 2 millóns de euros para melloras viarias nos concellos da Denominación Monterrei
 
 
68 camiños do Ribeiro recibirán 2,3 millóns de euros de Medio Rural para mellorar as súas infraestruturas viarias  
29 de AGOSTO de 2008: OURENSE DIXITAL

O plan chámase “Impulso Vitivinícola do Ribeiro”, e abrangue puntos estratéxicos de infraestruturas, capital humano, superficie territorial, variedade dos viñedos, promoción da calidade dos viños e modernización das explotacións. Os obxectivos que persegue este plan consisten en dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación mediante a dotación de infraestruturas básicas, en impulsar os procesos de concentración da superficie territorial, en fomentar a presenza de variedades nobres e autóctonas nos viñedos, en garantir a revitalización demográfica integral, estimular a produtividade, calidade e innovación modernizando as explotacións vitivinícolas, en avanzar na profesionalización dos recursos humanos que operan no Consello Regulador do Ribeiro e no impulso, promoción e difusión da calidade dos viños do Ribeiro de cara a súa extensión comercial.

En concreto, ao abeiro do Plan de Mellora das Infraestruturas Viarias no Ribeiro, inserido no “Impulso Vitivinícola do Ribeiro”, destinaranse 2.363.503 euros, distribuídos en varias anualidades, para o acondicionamento de 68 camiños nos concellos da Arnoia, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Ourense, Punxín, Ribadavia e Toén, actuacións correspondentes a aqueles lugares que presentan unha deficiente dotación de infraestruturas rurais no seu territorio que producen carencias importantes que frean o desenvolvemento da zona.

Segundo Medio Rual, "o Plan vai servir para dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación mediante a dotación de infraestruturas básicas, para impulsar os procesos de concentración da superficie territorial e para fomentar a presenza de variedades nobres e autóctonas nos viñedos". Ademais, téntase de que logre a revitalización demográfica co fomento do relevo xeracional na actividade produtiva, así como estimular a produtividade, calidade e innovación coa modernización das explotacións vitivinícolas.

Volver atras
Imprimir Página