Home  
 
 
 
 
  Aínda que se contemplaba unha inversión de 180.000 euros para a condución de aguas pluviais, ó final serán máis do doble, 400.000, os precisos para humanizar a Praza de Rairo. O alcalde presentou públicamente este xoves o proxecto, que contempla, ademais dos traballos propios de dita condución das augas pluviais, outras infraestruturas que van dende un novo pavimento na praza, zonas de viais e beirarrúas e, ata, o soterramento dos colectores de lixo.
 
 
O Concello de Ourense humaniza a Praza de Rairo e executa unha condución de augas pluviais dun quilómetro  
29 de AGOSTO de 2008: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, acudiu hoxe a Rairo para presentar ós veciños o proxecto técnico da obra “Canalización de Augas Pluviais da nova estrada A Granxa-Rairo e humanización dun espazo público en Rairo”, que solventará os problemas de avenidas de augas creados pola nova vía, tal e como se comprometera o alcalde nunha primeira inspección sobre o terreo hai catro meses. Ainda que o proxecto inicial era 180.000 euros, as obras pasan a totalizar 400.000, máis do doble para completar un "proxecto de humanización" da zona ó completo.

Esta obra -que consiste na construción dunha canalización de augas pluviais dun quilómetro de lonxitude- evitará o desbordamento procedente das cunetas da estrada A Granxa-Rairo (rematada en 2006) e que, segundo a denuncia dos propios veciños, causaba serios problemas no pobo, como o anegamento das calles e das vivendas.
O colector deberá discurrir a través do pobo, primeiro pola rúa do Souto ata a estrada CV-401, atravesala e continuar pola pista asfaltada que conduce ó núcleo de Canavelar, cruzando  a vía do ferrocarril ata un colector final.

O proxecto contempla tamén a humanización da praza de Rairo, dotándoa dun pavimento de taco de granito, nas zonas de viales e beirarrúas, en tanto que na zona da praza pavimentarase con lousas de granito de 6 cm de espesor.
Contémplase a construción de novas escaleiras, nova barandilla, nova marquesina e farolas de alumeado. Tamén contémplase o soterramento dos colectores de lixo, e a instalación dun sistema hidráulico de subida e baixada para a recollida selectiva.

O alcalde lembrou que este proxecto é o exemplo “do compromiso do goberno municipal coas zonas máis desfavorecidas do Concello de Ourense”, así como co concepto político de “participación cidadá”, ó vir a dar solución ás demandas prantexadas polos propios veciños, sinalou Francisco Rodríguez.

Volver atras
Imprimir Página