Home  
 
 
 
 
  Ribadavia ten todo a punto para celebrar outro ano a Festa da Istoria, que comezará este xoves e prolongarase ata o sábado, día 30 deste mes de agosto. A festa, a decir da Coordinadora no seu momento creada a tales efectos, é unha translación no tempo da celebrada na vila até o século XIX e que se encadraba nos festexos da Virxe do Portal, patroa do Ribeiro.
Dentro dos obxectivos básicos da Festa da Istoria están a recuperación de tradicións ancestrais e históricas, que formaron parte da historia da vila de Ribadavia e da súa bisbarra.
 
 
Volve a Istoria en Ribadavia, que comeza este xoves e prolongarase ata o sábado, día 30
28 de AGOSTO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A recuperación da festa, que se celebra entre o 28 e o 30 deste mes e que acada a súa vixésima edición, foi un esforzo no seu día da xa desaparecida Escola Taller de Santo Andrés, cuxa testemuña foi recollida polo pobo que representado por unha coordinadora veciñal a segue celebrando ano tras ano grazas á colaboración dun gran número de voluntarios.

A actual versión da Festa da Istoria é unha translación no tempo da celebrada

na vila até o século XIX e que se encadraba nos festexos da Virxe do Portal, patroa do Ribeiro.
Dentro dos obxectivos básicos da Festa da Istoria están a recuperación de tradicións ancestrais e históricas, que formaron parte da historia da vila de Ribadavia e da súa bisbarra.
Así, A Istoria permite coñecer oficios que hoxe están en decadencia ou xa se esquenceron como ferreiros, carpinteiros de armar, toneleiros, cesteiros, etc. A propia coordinadora encárgase da ambientación da vila xa que posúe almacéns propios onde se gardan os útiles correspondentes aos postos de artesanía medieval, máis de mil traxes para a vestimenta de convidados e membros que participan no evento, así como máis de cincocentos pendóns que serven para engalanar as rúas, o castelo e os lugares onde se celebran as ceas medievais, a voda xudía ou o teatro.

Achega de 18.000 euros para esta edición

A Consellaría de Innovación e Industria achega unha axuda de 18.000 euros para a celebración desta festa declarada hai once anos de Interese Turístico Nacional. O director xeral de Turismo, Rubén C. Lois, e mais o delegado da Consellaría de Innovación e Industria en Ourense, Xosé Antón Jardón, reuníronse xa na semana pasada cos membros da entidade coordinadora da festa e mais co tenente de alcalde e concelleiro de Cultura de Ribadavia, Ángel Collarte, a estes efectos.

 
Volver atras
Imprimir Página