Home  
 
 
 
JOSE CERDEIRA 
 

Ana Garza, concelleira de Comercio

 
  Tenencia de alcaldía e a concelleira de Comercio reuníronse este martes cos comerciantes da Praza de Abastos e das áreas comerciais da cidade. Aos primeiros se lles confirmou que o proxecto de remodelación do Mercado Central é definitivo e hai partida orzamentaria para acometelo, e aos segundos se lles deu conta da intención de tenencia de acadar un compromiso con El Corte Inglés para que esta superficie comercial conviva con actual comercio minorista da cidade.
 
 
Tenencia de alcaldía intentará con El Corte Inglés un compromiso de non agresión ao pequeno comercio da cidade  
27 de AGOSTO de 2008: OURENSE DIXITAL

O Tenente Alcalde, Alexandre Sánchez Vidal, a Concelleira de Turismo, Ana Garza, e o Director Xeral de  Turismo e Termalismo, David Cortón reuníronse este martes cos representantes do sector comercial ourensáns. A primeira das xuntanzas foi dirixida a informar á directiva da Praza de Abastos sobre a reforma que a Tenencia vai desenvolver nesta zona, e a segunda, celebrada de seguido cos representantes dos catro centros comerciais abertos da cidade, xirou en torno a posible instalacións dos grandes almacéns do Corte Inglés en Ourense. 

Ao respecto destes encontros, o Tenente Alcalde sinalou que “o desenvolvemento do comercio local é para nós unha prioridade, consideramos que é un piar fundamental non só para facer cidade, senón tamén para xerar riqueza”. Dende esta premisa, Tenencia de alcaldía quixo deixar claro que "toda acción a desenvolver nesta dirección deberá estar en sintonía cos axentes comerciais da cidade, tendo presentes as súas demandas e necesidades". 

Sinalaron os representantes de tenencia e de Comercio do Concello de Ourense, que a proxectada reforma no Mercado Municipal xa conta cun calendario marcado co que, asegura Sánchez Vidal, se está a cumplir. Cun estudio de viabilidade económica en marcha e un anteproxecto arquitectónico, a súa definición final estará lista para o mes de febreiro ( data de remate do PERI) e a partir de ahí xa se poderán comezar as negociacións coas empresas que executen as obras.

Convivir grandes e pequenos

Respecto da posible instalación na cidade da superficie comercial do Corte Inglés en Mariñamansa, Sánchez Vidal fixo fincapé na preocupación da Tenencia sobre a repercusión que podería ter no pequeno comercio da cidade.  Anunciou que esta mesma mañá mantivera unha reunión co alcalde na que se acordou que esta superficie non debería “arrastar consigo” aos comercios tradicionais da zona centro e barrios; unha demanda que se lle fará saber á empresa interesada, coa que será preciso reanudar conversas.
Así mesmo, Sánchez Vidal aclarou que esta preocupación tamén foi transmitida á propia Xunta de Galicia. A responsable da Dirección Xeral de Comercio, Ana Rúas, xa mantivo conversas con representantes do Corte Inglés para buscar vías que limiten o impacto desta firma no comercio local ourensán.

Volver atras
Imprimir Página