Home  
 
 
 
 
  O vindeiro xoves, 4 de setembro, arrinca de xeito oficial na cidade o programa de Sen Batuta, a primeira tempada regular de música de cámara desenvolta pola Tenencia da Alcaldía a través da súa Concellaría de Cultura. O primeiro xoves de cada mes ata xuño de 2009 os ourensáns terán a oportunidade de gozar deste estilo da man de agrupacións de recoñecido prestixio internacional. A primeira cita chegará da man de Cuarteto Quiroga, no Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo.
 
 
O ciclo de música de cámara Sen Batuta arrincará o xoves que ven, día 4, co Cuarteto Quiroga
27 de AGOSTO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O ciclo de música Sen Batuta, coordinado polo violinista ourensán Cibrán Sierra, debe o seu nome á propia natureza desta disciplina musical, segundo informa este martes a Concellería de Cultura do Concello de Ourense.
Atendendo a esta filosofía, este ciclo de música culta non só contará cunha inmensa calidade de repertorio e intérpretes, senón que acada unha nova dimensión social ao incorporar un programa didáctico coordinado pola Profesora Mercedes Lozano que achegue esta experiencia musical aos centros de ensino. Así mesmo, previo a

Cuarteto Quiroga

cada actuación, haberá un tempo para a charla directa cos artistas; unha oportunidade espléndida para achegarse ao repertorio e á experiencia interpretativa. Tanto unha coma outra son accións que responden a un único principio fundacional; en palabras do propio Cibrán Sierra “socializar a música”. Os melómanos da cidade verán cumplidas as súas expectativas e moitos terán a opción de descubrir por primeira vez en que consiste e cal é a maxia da música de cámara.

En canto ao programa previsto, Sen Batuta contempla dez viaxes musicais da man de artistas laureados pola crítica e de sona internacional.  Músicos que xa triunfaron nos grandes teatros de Munich, Salzburgo,  Viena, Londres, Nova Iorque, París  ou Barcelona achegánse agora a Ourense cun repertorio que vai desde os anos do clasicismo ilustrado ata os nosos días.  Na metade destas actuacións haberá, ademais, presencia galega, en meirande parte ourensá.

Cuarteto Quiroga

As actuacións arrincan o vindeiro xoves, día 4 de setembro, cun recital de Cuarteto Quiroga, agrupación á que pertence o propio coordinador, Cibrán Sierra.
Este cuarteto de corda naceu coa vontade de render homenaxe a figura do grande violnista pontevedres Manuel Quiroga, unha figura senlleira na historia da música galega.

 
Volver atras
Imprimir Página