Home  
 
 
 
 
 

O programa Vai de Camiño 2008, organizado pola SA de Xestión do Plan Xacobeo, chega só a dous concellos da provincia nesta semana, segundo a programación prevista para os últimos días deste mes de agosto. E non o fará ata finais, cando o sábado e o domingo chegue a Xunqueira de Ambía e Trasmiras.

 
 
Xunqueira de Ambía e Trasmiras son os únicos municipios ourensáns que esta semana visita Vai de Camiño  
26 de AGOSTO de 2008: OURENSE DIXITAL

Xunqueira de Ambía e Trasmiras son os dous termos municipais ós que chega o programa Vai de Camiño nesta semana, os vindeiros sábado e domingo, días 30 e 31 de agosto. A programación facilitada pola SA de Xestión do Plan Xacobeo no caso da provincia de Ourense é o seguinte:

XUNQUEIRA DE AMBÍA. Vía da Prata. Sábado, 30 de agosto. Ás 19.00h., nas Piscinas Municipais, espectáculo de novo circo “Remedios Peregríns”.

TRASMIRÁS. Vía da Prata. Domingo, 31 de agosto. Ás 13.00 h., no Campo do Fornelo, actuación da Banda de Música de Silleda.

O programa prolongarase todo o vindeiro mes de setembro, xa que non ten previsto rematar ata o 30 deste mes. O circuíto conta cun orzamento de 1,8 millóns de euros e inclúe espectáculos de música, danza, monicreques, animacións de rúa e maxia. Vai de Camiño pretende que este programación "sexa o referente musical e cultural do verán galego, e que tamén contribúa á potenciación da industria cultural e do espectáculo de Galicia, xa que no conxunto da programación participan máis dun milleiro de profesionais do sector cos seus correspondentes equipos humanos", sinala a sociedade de xestión deste programa.

Volver atras
Imprimir Página