Home  
 
 
 
 
O Concello de Ourense, continuando coas medidas que permitiron a rexeneración histórica do río Barbaña desenvoltas durante os últimos anos por varias administracións, vén de pechar a tramitación dunha das máis ambiciosas tarefas de recuperación dos ecosistemas urbanos da cidade: a eliminación total dos verquidos ó Barbaña. Segundo vén de anunciar o propio alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, dúas estacións de bombeo permitirán completar o saneamento integral do Barbaña, co que "xa está listo o proxecto que erradicará totalmente os verquidos" a este río. O alcalde anuncia que a solución pola que apostan os técnicos municipais terá o respaldo dunha das próximas reunións da Xunta de Goberno do Concello.
 
Noticias Relacionadas
  O Concello de Ourense pensa que o Barbaña remonta e empeza a gañar a loita pola súa propia supervivencia
 
 
JOSE CERDEIRA 
 
O saneamento integral do Barbaña completarase con dúas estacións de bombeo, segundo aconsellan os técnicos municipais
26 de AGOSTO de 2008: OURENSE DIXITAL

Os técnicos do Concello de Ourense veñen de rematar a redacción do proxecto técnico “Saneamento da marxe esquerda do Barbaña entre Pozo do Inferno e a rúa Carriarico”, que suporá a eliminación total dos verquidos no cauce do río que "dende finais do século XIX significou, no imaxinario social dos Ourensáns, un sinónimo de contaminación e de infección urbana durante varias xeneracións", sinala o propio Concello de esta cidade ó anunciar o treito final do saneamento desta conca fluvial.
As solucións técnicas que sinalan os enxeñeiros municipais para evitar voladuras e grandes movementos de terra na construción do novo colector, pasan por establecer dous dispositivos de bombeo. “En condicións normais”, especifica o proxecto, “o lóxico sería realizar esta conducción por simple gravidade”.
“Non obstante”, continúa o documento, “dado o angosto do treito entre as edificacións e o río, así como á considerable profundidade da zanxa necesaria para obter a pendente adecuada e o tipo de terreos (roca) que obrigaría a voladuras, optamos por proxectar dous bombeos –un en cada extremo da conducción- para acadar unhas profundidades de zanxa máis aceptables”.

Así, o colector necesitará do desbroce de 700 metros de terreo, para efectuar 200 de novo alcantarillado e varios pozos de rexistro. O presuposto, cercano ós 90.000 euros, permitirá executar esta “gran débeda pendente”, en palabras do alcalde, Francisco Rodríguez, “do saneamento urbano de Ourense”.
Asimesmo, suporá a “dignificación do tramo urbano do río, tan ligado ó nacemento da cidade, ás áreas temais de Ourense é tamén á rexeneración dos ecosistemas que compoñen o noso hábitat”.

O proxecto será aprobado nunha das próximas Xuntas de Goberno e comezará inmediatamente a súa execución.

Volver atras
Imprimir Página