Home  
 
 
 
 
  A Consellería de Vivenda e Solo saca a información pública o Proxecto Sectorial e o correspondente Informe de Sustentabilidade Ambiental do Parque empresarial de Tamagos no Concello de Verín. Hai dous meses de prazo para presentar alegacións. Este proxecto sectorial foi declarado de incidencia supramunicipal por parte do Consello da Xunta o pasado 31 de xullo pola súa magnitude – 1,1 millóns de m2–, sendo a súa relevancia territorial de nivel comarcal.
 
 
Sae a información pública o proxecto sectorial e o informe de sostenibilidade ambiental do Parque Empresarial de Tamagos en Verín
22 de AGOSTO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O ámbito sobre o que se desenvolve este Parque Empresarial sitúase na parroquia de Tamagos, no centro do Concello de Verín e ao sur da autovía das Rías baixas, ocupando as zonas de O Padrón, As Leiras Grandes, O Fachedo, A Viña Grande, o Marco Rachado e A Granxa. Os lindes do Parque Empresarial de Tamagos están definidos ao Norte e ao Leste pola futura Autovía Verín-Fronteira Portuguesa, ao sur pola delimitación do núcleo de Tamagos, e ao Oeste pola N-532.

"A ordenación interior do Parque Empresarial de Tamagos garante a integración do Camiño Portugués de Santiago que atravesa o ámbito de Sur a Norte", segundo sinala o departamento de Teresa Taboas. A ordenación proposta no Proxecto Sectorial respecta a zona do Camiño establecendo unha marxe de protección de aproximadamente 60 metros de ancho. Tamén se integran no ámbito outras preexistencias no ámbito como a zona do Río Adebes perteñecente ao LIC-Río Támega, o xacemento romano do Ladrillal ou a edificación coñecida como a “Casa da Granxiña”, garantindo a súa conservación, protección e mellora.

No que atinxe á accesibilidade ao Parque Empresarial de Tamagos, o Proxecto garante a conexión coa estrutura viaria existente. Nese sentido, o acceso principal será desde a    N-532 mediante un enlace a distinto nivel.

Da superficie total do ámbito, 1.141.456 m2, destinaranse a uso industrial, empresarial e de servizos 583.305 metros cadrados. En concreto, as parcelas destinadas a uso industrial agruparanse nas zonas norte, sur e sureste do parque, configurando no seu entorno espazos libres a modo de barreira para minimizar o seu impacto no entorno.
Por outra banda, as parcelas destinadas a uso terciario -empresarial e de servizos-, agruparanse a ambos lados do viario principal de acceso ao parque empresarial e lonxitudinalmente relacionadas co Camiño Portugués de Santiago.
Ademais, o Proxecto Sectorial do Parque Empresarial de Tamagos contempla unha superficie de 296.767 m2 para espazos libres, 40.731 m2 para equipamentos e servizos urbanos, e 135.251 m2 para o sistema viario e aparcamentos destínanse. O resto da superficie do ámbito complétase coa reserva de 72.252 m2 para a conservación do Camiño Portugués, e 13.150 m2 para a conservación da zona do Río Adebes perteñecente ao LIC-Río Támega.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página