Home  
 
 
 
 
  A Unidade de Conductas Adictivas do Concello atendeu dende a súa apertura no mes de marzo pasado, a 331 novos pacientes. En máis de 200 casos, por efectos do alcol. A Concellería de Sanidade constata que a sustancia que provoca máis casos novos de dependencia en Ourense é o alcol, seguida das sustancias ilegais, o tabaco e as conductas ludópatas. O perfil do paciente que acude ó U.C.A. é un home de entre 35 e 45 anos, casado e con traballo. Sen embargo, a tendencia indica que a idade de consulta é cada vez máis baixa, provocado en gran medida pola expansión do fenómeno do botellón entre a mocidade. Ao mesmo tempo, establécese que a tendencia actual e dos próximos anos en Galicia é o consumo en expansión do cannabis e da cocaína como as substancias máis problemáticas.
 
 
O alcol sitúase á cabeza das novas dependencias entre os ourensáns, potenciado polo fenómeno do botellón entre a mocidade  
22 de AGOSTO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A Unidade de Conductas Adictivas do Concello de Ourense, integrada dende marzo nas instalación Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU), atendeu no último ano a 331 novos pacientes. A esta cifra hay que engadir os 200 pacientes que reiniciaron a súa actividade, que xunto cos que xa se viñan tratando suman un total de 1.660 pacientes atendidos na Unidade neste ano. Do seu tratamento constátase que o alcol é o principal responsable das novas adiccións en Ourense, xa que representa dous de cada tres casos dos

que se atenderon, seguido das sustancias ilegais, o tabaco e a ludopatía.

A Unidade de Conductas Adictivas que se sitúa nas antigas Urxencias do Hospital Santa María Nai, supón un importante avance para a integración da atención ás dependencias, favorecendo a normalización da atención dos pacentes, mellorando a súa accesibilidade e asistencia e potenciando a detección e intervención precoz en atención primaria, así coma o diagnóstico e tratamento de enfermedades infecciosas e patolóxicas psiquiátricas.

Dous tercios polo alcol

Polo número de casos atendidos, a actividade asistencial desta Unidade atendeu a 201 novos pacientes por alcol, 85 por drogas ilegais -cocaína, heroína, cannabis...-, 26 por tabaco e 19 por ludopatía.
O perfil do paciente que acude ó U.C.A., é un home de entre 35 e 45 anos, casado e con traballo. Sen embargo, a tendencia indica que a idade de consulta é cada vez máis baixa, provocado en gran medida pola expansión do fenómeno do botellón entre a mocidade. Así mesmo, tres de cada catro casos foron homes, e mulleres só unha de cada catro.

Sinala o informe, así mesmo, que segundo os últimos datos da Consellería de Sanidade, a tendencia actual e dos próximos anos en Galicia é o consumo en expansión do cannabis e da cocaína como as substancias máis problemáticas, así coma o alcol abusivo entre os mozos e os tranquilizantes entre os maiores.
A actividade da Unidade consiste no tratamento psicolóxico, farmacolóxico e de integración social cando é necesario. Realízase un tratamento motivacional esencial no proceso, a técnica de afrontamento e a prevención de recaídas, especial perigo neste tipo de adiccións.

 
Volver atras
Imprimir Página