Home  
 
 
 
 
  O Parque dos Patos de A Valenzá, no Concello de Barbadás, acolle este xoves e o da semana que ven, dúas proxeccións dentro das actividades das "Noites de verán", segundo o acordo acadado no seu día por Caixanova e este Concello. As proxeccións comezan este xoves, ás dez e media da noite coa comedia romántica "The Holiday".
 
 
Cine de verán este xoves e o que ven na Valenzá, Barbadás, coa proxección de dúas películas
21 de AGOSTO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O cine o aire libre chega este xoves á localidade de A Valenzá, no Concello de Barbadás, froito do acordo acadado no seu día entre este Concello e a entidade Caixanova. É unha iniciativa da entidade financieira que permitirá gozar das noites de verán.

O ciclo ábrese este xoves coa proxección da comedia romántica "The Holiday" no Parque dos Patos desta localidade, e o xoves da semana que ven proxectarase neste mesmo lugar "Embruxada". En ambos casos, as proxeccións serán as dez e media da noite.

 
 
Volver atras
Imprimir Página