Home  
 
 
 
 
  A Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia vén de resolver as axudas para a mellora das infraestruturas eléctricas en concellos galegos de menos de 5.000 habitantes. "Os investimentos están encamiñados á necesidade de mellora dos servizos básicos dos municipios solicitantes", sinala o departamento de Fernando Blanco. Para a realización destas actuacións a Consellaría destinará máis dun millón de euros, dos que 300.000 asínanse aos 21 concellos da provincia de Ourense que resultan beneficiados coestas axudas.
 
 
21 concellos de Ourense recibirán casi 300.000 euros para mellorar as súas infraestructuras eléctricas  
20 de AGOSTO de 2008: OURENSE DIXITAL

Un total de 62 concellos serán receptores das axudas da Consellería de Innvoción e Industria para acometer as melloras precisas nas súas infraestructuras eléctricas, fundamentalmente en materia de redes. As axudas suman unha contía total de 1.099.298 euros. A provincia cun maior número de axudas é Lugo cun total de 22 (315.720 euros), seguida de Ourense con 21 (294.096 euros), A Coruña con 12 (322.900 euros) e Pontevedra con 7 (166.582 euros).
En Ourense os concellos aos que se lle conceden as axudas son A Bola, A Gudiña, A Merca, A Teixeira, Beariz, Boborás, Cartelle, Castrelo de Miño, Castrelo de Val, Cenlle, Coles, Larouco, Maside, Melón, Muíños, Os Blancos, Parada do Sil, Piñor, Pontevedra, Sandiás e Xunqueira de Espadañedo.

Os criterios primordiais para a concesión das subvencións remítense ás actuacións ligadas ao desenvolvemento dos servizos de potabilización e saneamento de augas; á potenciación dos servizos vinculados á terceira idade e a infancia e por último a todas aquelas actividades relacionadas coas instalacións culturais, polideportivas e de lecer. A porcentaxe de investimento financiada pola Consellaría sitúase entre  o 50 e o 70% do orzamento considerado como subvencionable.

Volver atras
Imprimir Página
 
  Fernando Blanco, conselleiro de Innovación e Industria