Home  
 
 
 
 
  A Tenencia de Alcaldía, a través da Concellería de Cultura, organizou para esta semana de agosto dous eventos destinados ó lecer do público ourensán. A axenda comeza este mércores con artes escénicas; a compañía Teatro da Gavela presenta  a súa montaxe  O Conde Alarcos, unha viaxe no tempo de volta ao século XVIII. De seguido, na noite do xoves, música. O grupo Momo ofrecerá na Praza Maior unha homenaxe musical á mítica banda Queen. Senllos espectáculos teñen entrada de balde.
 
 
Teatro e música conforman a oferta lúdico-cultural desta semana na capital ourensá
20 de AGOSTO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Este mércores a Praza de San Martiño acolle unha cita para os amantes do teatro. As oito e media da tarde, a compañía Teatro da Gavela presenta o seu espectáculo de produción propia O Conde Alarcos, unha homenaxe as antigas formas de representación teatral.  Teatro da Gavela inspírase nesta montaxe nos “cómicos de légoa”, artistas ambulantes que percorrían vilas e aldeas no século XVIII.  O texto referencia é o propio Conde de Alarcos, un romance anónimo de finais do século XVI.
 

Así mesmo, para o xoves anunciase música. O grupo extremeño Momo chegará a Ourense para ofrecer un concerto homenaxe ós británicos Queen, versionando as súas cancións máis emblemáticas e de sobra coñecidas polo público. O seu cantante, Jose Luís “Momo” Cortés, amigo persoal do guitarrista Brian May pasou por diferentes orquestas antes de dar o salto ao mundo do espectáculo participando no musical “Queen: We Will Rock You”. Posteriormente tamén formaría parte de “Judas, o Musical” e “Fama” .
 
Volver atras
Imprimir Página