Home  
 
 
 
 
Con capacidade para 17 nenos, a Galescola de Barrocás abrirá as súas portas o vindeiro 13 de outubro, segundo ratificaron este martes o tenente de alcalde do Concello de Ourense y a concelleira de Xuventude e Voluntariado, Marta Arribas, na visita que cursaron as instalacións e as obras que están en fase de remate. A Galescola de Barrocas disporá de servizo de comedor, sala de terapia e un psicopedagogo, e será a primeira en entrar en servizo no termo municipal de Ourense. Sánchez Vidal sinalou, precisamente, que a segunda galescola será a ubicado no centro cívico da rúa Colón.
 
 
JOSE CERDEIRA 
 
Alex Sánchez Vidal
A galescola de Barrocás serán 2.000 metros para 74 cativos, e entrará en servizo o vindeiro 13 de outubro
20 de AGOSTO de 2008: OURENSE DIXITAL

Durante a visita, o Tenente Alcalde congratulouse de que por fin, tras dous anos no que estas instalacións estiveron bloqueadas e sen uso algún, sexa posíbel inaugurar esta galescola, que virá paliar o déficit de prazas no ciclo de infantil no que se atopa a cidade de Ourense.  “Amósanos que o diálogo institucional da os seus froitos. Ese é o o camiño, e non por vetos a outras administracións ou a outras Consellerías porque non son do teu partido. A entrada no Consorcio, aínda que con retrasos, facilita que agora o centro se abra” Sánchez Vidal salientou que a demora na entrada no Consorcio obrigou a Tenencia a asinar un convenio directo con Vicepresidencia para facer posíbel a apertura nestas datas e cumprir os compromisos do BNG.   

Agora o calendario marca a apertura da segunda galescola na cidade, a correspodente á zona centro. A escola, ubicada no centro cívico da rúa Colón, terá capacidade para 40 cativos e verá rematadas as súas obras antes de finais de ano. Esta galescola tamén tivo que ser desenvolta por convenio directo con Vicepresidencia.  A terceira prevista para Ourense ubicaráse no barrio da Ponte “pois este é unha zona con moitísima demanda, precisa imperiosamente infraestruturas. Nós xa estamos traballando na humanización das rúas do Vinteún e no Polideportivo de Eiroás, este é o seguinte paso”.  

Deste xeito, e segundo o protocolo asinado co Consorcio, quedaría espazo na cidade para dúas galescolas máis, de cara a acadar ás cinco e situar a Ourense por enriba da media europea no que a prazas deste ciclo se refire (a marcada pola Unión Europea establece 33 por cada cen nenos). A este respecto Sánchez Vidal fixo fincapé en que na toma de decisión das futuras ubicacións o compromiso da Tenencia cos barrios será protagonista, apostando por un modelo descentralizado.  

2.000 metros cadrados de instalacións

A futura galescola de Barrocás, cun orzamento global de obra de 497.782,26 €, ten unhas instalacións de case dous mil metros cadradados útiles, en concreto 1.894, 52 m2 distribuidos en dous andares, a planta baixa e o semisoto. 
Na planta baixa, destinada aos cativos de entre 2 e 3 anos, atopase o despacho de dirección, a sala de profesores, a secretaría e o despacho do psicopedagógo. Aquí situanse tamén os aseos (tres) e duas aulas para cativos, ademais dunha sala multiusos.  
No semisoto, pola súa parte, atopanse situadas a cociña e o comedor, unha aula de psicomotricidade, outra para rapaces de 0 a 1 anos e dúas para cativos de 1 e 2 anos.  

O centro dará servio a 74 rapaces e nel traballarán 6 educadores, 4 mestres de educación infantil e 1 persoal de servizos. O custo de mantemeno anual previsto é de 399.600 €, calculando cada praza en 5400 € anuais.  

Volver atras
Imprimir Página