Home  
 
 
 
 
  O programa “Vai de Camiño” 2008, organizado pola Sociedade Anónima de "Xestión do Plan Xacobeo" da Consellaría de Innovación e Industria, continúa levando espectáculos e manifestación artísticas a concellos de toda Galiza polos que discorren os distintos camiños xacobeos. No que atinxe a Ourense, esta semana a programación desenvolverase en seis vilas, que son as de Riós, Paderne de Allariz, Amoeiro, Verín, Castrelo do Val e Vilariño de Conso, ao longo da Vía da Prata. Ó igual que a semana pasada, o programa arranca o martes.
 
 
Vai de Camiño visita esta semana seis vilas de Ourense, comezando o martes por Riós
11 de AGOSTO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

RIÓS. Vía da Prata.  Martes, 12 de agosto. Ás 12.00 h., no Castrelo de Abaixo, música tradicional a cargo dos requinteiros “A Gaita de Sarandón”.

PADERNE DE ALLARIZ. Vía da Prata. Mércores, 13 de agosto. Ás 21.00 h., na Praza do Concello, tocará a banda de música de Antas de Ulla.

AMOEIRO. Vía da Prata. Xoves, 14 de agosto. No Campo do Souto, ás 13.00 h., interpretación da banda de música de Vilalba.

VERÍN. Vía da Prata. Xoves, 14 de agosto. Gran velada de música galega que  comezará cos grupos de pasarrúas tradicionais Abelente e Ansuíña amenizando as rúas entre as 19 e as 21.30 h. Despois, ás 22.30 h. e na Praza de García Barbón, concerto da afamada gaiteira Susana Seivane e do grupo de Pepe Vaamonde, quinteto de música folk con dous discos no mercado.

CASTRELO DO VAL. Vía da Prata. Domingo, 17 de agosto. Ás 20.00 h., no Campo da Festa O Terrón, actuación do grupo de baile tradicional Donaire. 

VILARIÑO DE CONSO. Vía da Prata. Domingo, 17 de agosto. Ás 19.30 h., na Praza do Concello, o grupo de novo circo “Cantares de Circo”.

 
Volver atras
Imprimir Página