Home  
 
 
 
 
  O programa Vai de Camiño 2008, organizado pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo da Consellaría de Innovación e Industria, continúa levando espectáculos e manifestacións artísticas a concellos de toda Galiza polos que pasan os distintos camiños xacobeos. No que atinxe á provincia de Ourense, esta semana tócalle a vez ás vilas de San Cibrao das Viñas, San Cristovo de Cea, Vilardevós, Allariz, Laza, Baños de Molgas, Xinzo de Limia, A Gudiña e Taboadela, todas ao longo da Vía da Prata . O programa ábrese por San Cibrao das Viñas este mesmo martes, e remata na Gudiña e Taboadela o domingo.
 
 
Vai de Camiño chega esta semana a nove vilas da provincia de Ourense  
5 de AGOSTO de 2008: OURENSE DIXITAL

SAN CIBRAO DAS VIÑAS.  Martes, 5 de agosto. Ás 20.00 h., na Piscina Municipal de Pontenoalla, o espectáculo de novo circo  “O Pequeno Circo dos Milagres”. 

SAN CRISTOVO DE CEA.  Mércores, 6 de agosto.
Ás 22.30 h., no edificio Multiusos da estrada de Oseira, actuación do cuarteto de música tradicional Picuiña. 

VILARDEVÓS.  Xoves, 7 de agosto.
Ás 19.00 h., no Centro Social de Osoño, tocará a banda de música de Arzúa. 

ALLARIZ.  Venres, 8 de agosto.
Empezan os espectáculos ás 20.00 h. cos pasarrúas tradicionais Gomes Mouro e Maquía. Ás 22.00 h., no Campo da Barreira, Pedro Volta realizará un número de escapismo e ás 23.00 h. actuará o gaiteiro Xosé Manuel Budiño, quen ven de presentar novo disco. 

LAZA.  Venres, 8 de agosto. 
Na área recreativa do Toural, ás 20.00 h., o espectáculo de novo circo “Remedios Peregríns”. 

BAÑOS DE MOLGAS.  Sábado, 9 de agosto.
Este mesmo espectáculo de novo circo representarase ao día seguinte nesta outra vila no Parque das Piscinas, ás 20.00 h. 

XINZO DE LIMIA. Sábado, 9 de agosto.
Comeza a xornada con dous grupos de pasarrúas tradicionais, Ludovaina e O Hórreo. E na Alameda do Toural, ás 22.30 h., actuación de Son de Seu, a banda de música celta de Rodrigo Romaní.

A GUDIÑA.  Domingo, 10 de agosto. 
Na Praza Maior, ás 14.00 h., concerto da banda de música de A Golada.   

TABOADELA.  Domingo, 10 de agosto. 
Ás 12.30 h. na Praza do Concello, actuación da banda de música de Cambados. 

Vai de Camiño

A terceira edición de “Vai de Camiño”, que está a desenvolverse dende o 30 de maio e durará ata o 30 de setembro, está a levar  actuacións e espectáculos durante case todos os días do verán a 115 concellos galegos polos que pasan os distintos camiños xacobeos.
O circuíto conta cun orzamento de 1,8 millóns de euros e inclúe espectáculos de música, danza, monicreques, animacións de rúa e maxia. A oferta é moi variada e trata de dar cabida ao máis representativo do noso panorama artístico actual, co obxectivo de converter Vai de Camiño no referente musical e cultural do verán. 

Volver atras
Imprimir Página