Home  
 
 
 
 
  O Parque do Barbaña sufriu na madrugada deste venres un novo acto vandálico, no que descoñecidos romperon seis luminarias situadas xunto á fonte principal do Parque, levándose despois unha delas, xa rota. Os danos cífranse nos 3.500 euros.
 
 
Novo acto vandálico, este contra luminarias do Parque Barbaña, con danos por valor de 3.500 euros  
2 de AGOSTO de 2008: OURENSE DIXITAL

Operarios do Concello traballan dende a mañá deste venres na reposición do servicio desta zona tan utilizada por veciños da cidade como é o Parque Barbaña, ocupados na reparación das luminarias si fora posible, o na colocación doutras novas en caso de non ser viable a reparación das actuais.
Trátase dun novo acto vandálico cometido no Parque Barbaña na madrugada deste venres. Segundo informa o Concello de Ourense, os custes ocasionados polo acto vandálico ascenden a 3.500 euros.

A Concellería de Medio Ambiente "lamenta este exercicio de vandalismo, que por desgraza xa ten ocurrido en anteriores ocasións neste parque nas madrugadas entre os xoves e os domingos durante os meses de verán".

Volver atras
Imprimir Página