Home  
 
 
 
 

Fernando Salgado, secretario xeral de Comunicación

 
  A Secretaría Xeral de Comunicación en colaboración co concello do Carballiño organiza a exposición itinerante Galiciadixital que ata o vindeiro mércores poderá visitarse no Centro Cultural e Xuvenil da localidade ourensá. É unha aportación que enriquece as Xornadas de Cine e Video de Galicia, Xociviga, que chegan con esta a sú vixésimo quinta edición. Ademáis da mostra, a Xunta colabora coa Xociviga coa mostra "150 anos de telecomunicacións e de creación literaria en galego", así como coa edición dun libro que conmemorará precisamente os 25 anos de vida das Xornadas carballiñesas.
 
 
A Secretaría Xeral de Comunicación reforza a vixésimo quinta Xociviga que bota a andar este venres no Carballiño
2 de AGOSTO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Este venres bótase a andar a Vixésimo Quinta edición da Xociviga, as Xornas de Cine e Video de Galicia que se celebran tódolos anos por estas datas en O Carballiño. Celebrando os 25 anos de vida da Xociviga, a Secretaría Xeral de Comunicación fai varias aportancións que enriquecen o certame deste ano. Tal é o caso da exposición itinerante Galiciadixital.

A exposición Galiciadixital, converxencia entre arte e tecnoloxía, ten como obxectivo achegar o audiovisual e os multimedia á cidadanía e servir de plataforma de experimentación de novos sistemas e contidos audiovisuais realizados por empresas e universidades galegas. A exposición estará no concello ata o 6 de agosto con horario de 10,30 a 14,00 e de 18,00 a 21,00 horas. A entrada é de balda para todos os públicos.
A mostra está pensada para que os seus visitantes non sexan simples espectadores senón que participen en todo o seu percorrido, o que fai que sexa de grande interese didáctico para as persoas de todas as idades, tal e como reafirma o grande éxito que está acadando nas localidades que a acollen.

Completando a exposición, na primeira planta do centro cultural do Carballiño pode visitarse a  mostra 150 anos de telecomunicacións e de creación literaria en galego organizada pola Secretaría Xeral de Comunicación e a Universidade de Vigo en colaboración co CGAI e o Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia. Así mesmo, a Secretaría tamén participa na edición dun libro conmemorativo dos 25 anos de historia do evento

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página