Home  
 
 
 
 

Alfredo García

 
  O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, e o alcalde de O Barco, Alfredo García, asinaron un convenio de colaboración para a adquisición de maquinaria para o acondicionamento dos parques e xardíns, así como para o mantemento da rede de augas nos núcleos rurais
 
 
Medio Ambiente da Xunta e o Concello de O Barco asinan un convenio para adquisición de maquinaria  
2 de AGOSTO de 2008: OURENSE DIXITAL

O concello de O Barco de Valdeorras contará con maquinaria para o acondicionamento de espazos naturais, segundo se recolle nun convenio asinado este venres polo conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, e o alcalde de O Barco de Valdeorras, Alfredo García. Deste xeito, a consellería investirá 82.399 euros na compra dos equipos necesarios para a conservación dos parques e xardíns do concello.

A axuda da Consellería de Medio Ambiente posibilitará a adquisición de medios materiais como rozadoras, tractor para cortar o céspede, cortasebes e retrocargadora. Pola súa banda, o Concello do Barco de Valdeorras realizará o mantemento e a conservación dos espazos naturais, tarefa da que se ocupará o persoal municipal. Na mesma liña, a entidade municipal encargarase dos labores de mantemento da rede de subministro de auga aos núcleos rurais.

Volver atras
Imprimir Página