Home  
 
 
 
 
  O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Alta para pedirlle ao Goberno que impulse e axilice a execución dos diversos proxectos existentes para a recuperación e rehabilitación de antigas entulleiras de pizarra na zona de Valdeorras, na provincia de Ourense, así como tamén no sur de Lugo, Quiroga por exemplo. Pérez Bouza lembra que no ano 2001 asinouse un protocolo entre o Goberno, a Xunta e a Asociación Galega de Pizarristas para recuperar estas zonas.
 
 
O BNG pregunta en Madrid polos proxectos para recuperar as estulleiras de pizarra en Valdeorras e no sur de Lugo  
31 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL

O senador nacionalista lembra que no ano 2001 asinouse un Convenio entre a Xunta, o Ministerio de Medio Ambiente-Confederación Hidrográfica do Norte e a Asociación Galega de Pizarristas co obxectivo de desenvolver unha serie de actuacións destinadas a recuperar ambientalmente as zonas de entulleiras de pizarra na Galiza, na provincia de Ourense e Lugo. Entre as medidas a desenvolver se contemplaba a restauración hidrolóxico forestal das marxes dos ríos Casaio, Riodolas, San Xil, Valborrás, río Candís, río Sil, as concas de Cacheira, Seco, Perón e a zona de San Vicente de Leira. Na provincia luguesa, estaría a restauración hidrolóxico forestal das marxes dos ríos Quiroga e Espín.  
Lembra Pérez Bouza que no Protocolo asinado as partes se comprometeron a realizar os trámites necesarios para a execución dos proxectos nun periodo de cinco anos, e o financiamento repartíase do seguinte xeito: 70% do Ministerio de Medio Ambiente, 10% a Xunta e 20% as empresas de pizarra. 

Axilizar os proxectos pendentes  

O senador do BNG amosa a súa preocupación "porque a día de hoxe só se coñece que están asinados os convenios para a execución das obras da primeira fase referentes ás actuacións no Sil e O Castañeiro", sinala Pérez Bouza.
De aí que o senador nacionalista pregunte agora ao Goberno qué actuacións concretas se levaron a cabo e quer saber se estes proxectos “continúan a ter o mesmo interese estratéxico que motivou a sinatura do Protocolo inicial”.  
Ademáis, formula unha serie de preguntas centradas na financiación dos proxectos. “Dado que en grande medida estas actuacións estaban financiadas con fondos FEDER, cal será a orixe do financiamento das actuacións pendentes? Manterá o Goberno o reparto financeiro entre a Administración central e a Xunta?”.

Volver atras
Imprimir Página