Home  
 
 
 
JOSE CERDEIRA 
 

Alex Sánchez Vidal

 
  O Tenente Alcalde, Alexandre Sánchez Vidal, e o Concelleiro de Obras e Infraestructuras, Andrés García Mata, visitaron hoxe as obras que se están a desenvolver nas rúas Río Mente e Sánchez de Arteaga, no barrio do Vinteún. Estas actuacións, unha das primeiras acometidas pola Tenencia, supuxeron dotar de beirarrúas e rampas de acceso para persoas con discapacidade física esta zona, están a piques de rematar.
 
 
Sánchez Vidal anuncia que xa está presentado o estudo de viabilidade para ocupar os terreos do Polideportivo de Eiroás  
31 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL

O tenente de alcalde, Alex Sánchez Vidal, aproveitou a visita para transmitir aos veciños dos barrios da Ponte e do Vinteún que xa está presentado o estudo de viabilidade para a ocupación directa dos terreos do futuro pavillón poldeportivo de Eiroás. Trataráse dun edificio de 11.000 metros cadrados que, segundo as previsións,  dará serivzo a unhas 1000 persoas ó día.  

Así mesmo, está tamén prevista a  urbanización en  cinco rúas no barrio do Vinteún (Río Arenteiro, Río Avia, Río Támega, Río Sil e Río Bibei), un proxecto desenvolto a través dun convenio coa Consellería de Vivenda e Solo cun orzamento de 1,2 millóns de euros que se adxudicarán de xeito inmediato. Comezarán a partir do último trimestre deste ano.  

Por outra banda, na rúa Río Arnoia e a través dun convenio con Consellería de Obras Públicas  e Transportes, iniciaránse tamén obras de mellora antes de cinco meses. O acordo co organismo autonómico está valorado en 8 millóns de euros e contempla diversas actuacións.  

Así mesmo, o Concelleiro de Obras e Infraestructura salientou a modificación de horarioas nas liñas 15 (Santa Cruz – San Lázaro) e a 12 (Estación de Autobuses – Pazo Deportes – Expourense) que contribuiron notablemente a mellorar o servizo público.  
Neste área contemplase tamén dous novos aparcamentos: un en Tabarés, que comezará de inmediato as súas obras, e outro detrás da Comisaría de Policía Local, que será debatido na Xunta de Goberno desta semana.  

Sánchez Vidal recalcou que este tipo de actuacións contribúen a facer efectivo o compromiso constante cos barrios de Ourense, "unha discriminación positiva que mude a liña de actuación do anterior goberno, limitada ao centro da cidade", sinalou Sánchez Vidal. 

Volver atras
Imprimir Página