Home  
 
 
 
 
  O delegado da Consellaría de Innovación e Industria en Ourense, Xosé Antón Jardón, acompañado do xerente da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, Xosé Luís Villasante, presentaron este mércores no Parque Tecnolóxico de Galicia o Plan Peme Galega. A presentación centrouse nas áreas industriais do Parque Tecnolóxico, Pereiro, San Cibrao e Barreiro, e ao longo do vindeiro mes de setembro está previsto cubrir outras áreas industriais da provincia. Con esta iniciativa preténdese lograr un maior achegamento ás pequenas e medianas empresas galegas co fin de darlles a coñecer as oportunidades de mellora da competitividade e excelencia empresarial que ofrece esta iniciativa da Consellería. 
 
 
Presentado ás empresas de Ourense o Plan Peme Galega para mellorar o posicionamento competitivo destas empresas  
31 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL

O Plan Peme Galega, posto en marcha pola Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, dependente de Innovación e Industria, ten como obxectivo mellorar a posición competitiva das empresas galegas mediante diferentes programas de formación e consultoría especializada para directivos, persoal técnico e responsables de calquera das áreas de xestión das PEMES galegas. Trátase dun conxunto de actuacións coordinadas que a Consellaría pon en marcha para que as empresas fagan unha diagnose da súa situación competitiva para poder obter melloras da súa posición no mercado. A partir da mesma ofrécese un abano de posibilidades de formación para mellorar a xestión e profundar na innovación incidindo en todos os apartados da empresa: tanto a nivel directivo, de recursos humanos, comercial, de produción ou loxística.  

O Plan PEME engloba 3 programas concretos de formación e consultoría por parte de expertos que achegarán solucións adaptadas ás necesidades que cada empresa ten de mellorar a súa xestión e competitividade. 
Segundo a delegación de Industria de Ourense, o conxunto do Plan PEME Galega vai permitir realizar actuacións formativas e de consultoría en 262 empresas galegas a través dos 3 programas que o compoñen: Programa para o Desenvolvemento da Empresa Galega, Programa Directivos e  Programa Xestión PEME, por parte de expertos que achegarán solucións adaptadas ás necesidades que cada empresa ten de mellorar a súa xestión e competitividade.  

Volver atras
Imprimir Página