Home  
 
 
 
 

Xosé Manuel Rivera Otero

 
  Emilio Pérez Touriño sigue a ser o líder político máis e mellor valorado polos galegos, seguido do vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana. O xefe da oposición, o popular Alberto Núñez Feijóo, está a algo máis dun punto do presidente da xunta en valoración persoal dos galegos. Así o recolle un novo informe do estudo de Clima Social de Galicia que foi presentado este martes. Neste informe reflictese tamén que o 52% dos galegos aprobada a xestión do Goberno da Xunta de Galicia, e que o maior problema dos galegos agora mesmo é o desemprego seguido do “atraso económico respecto do resto de España”.
 
 
Un 52% dos galegos aproba a xestión do Goberno da Xunta, mentras Pérez Touriño sigue a ser o líder político mellor valorado
29 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O Secretario Xeral de Análise e Proxección, Xosé Manuel Rivera Otero, presentou este martes un novo informe do estudo de Clima Social de Galicia que realiza o seu departamento, en concreto, o correspondente aos meses de xuño e xullo de 2008. 
Como dato máis destacado, o Secretario Xeral indicou que “os galegos seguen a dar mostras de confianza  na acción do goberno autonómico”, xa que o 52% aproba a actuación do Goberno da Xunta de Galicia.

Respecto da situación económica, as respostas reflicten un aumento na preocupación dos galegos sobre este

asunto, xa que o 57,6% cre que a situación xeral é mala ou moi mala, pero esta porcentaxe descende a un 26% cando se fala da situación persoal. 
O primeiro problema sinalado polos galegos é o “desemprego”, que continúa a ser o máis destacado para un 31,5%, seguido do “atraso económico respecto do resto de España” para o 13,9% e, “as baixas retribucións salariais, a carestía da vida...” para o 10,1%.

O Secretario Xeral de Análise e Proxección comentou que “con carácter xeral, as institucións saen peor valoradas en comparación coas valoracións reflectidas no estudo do trimestre anterior, froito do lixeiro empeoramento do clima social”. Sen embargo, destacou que o Goberno Autonómico de Galicia, continúa sendo unha das institucións mellor valoradas polos galegos xunto cos concellos. 
A valoración positiva desta institución autonómica vese proxectada sobre a súa actuación política. Pois a maioría dos galegos aproba a actuación do Goberno da Xunta: un 52%, fronte a un 35,5% que a desaproba. Por outra banda os galegos aproban a actuación do Goberno central nun 41,8% fronte a un 46,9% que a desaproba. 

Touriño sigue a ser o líder máis valorado

Emilio Pérez Touriño segue a ser o líder mellor valorado: con 5,49 puntos de media. Anxo Quintana, obtén unha valoración de 5,04 puntos e, Alberto Núñez Feijóo 4,46 puntos de media. 

Neste informe do Clima Social de Galicia correspondente a xuño e xullo de 2008 recóllese, ademais, unha análise máis pormenorizada da actual situación económica e os seus efectos. Dita análise revela que o 41% dos enquisados manifesta que son os mercados internacionais os que teñen máis responsabilidades na actual situación económica, fronte ó 22,3% que responsabiliza ao Goberno de España e o 1,2% que apunta ao Goberno da Xunta de Galicia. Sen embargo, e a pesar da situación económica actual, o 60,4% dos galegos afirma non ter feito variar os seus plans ou hábitos de vida. 
 
Volver atras
Imprimir Página