Home  
 
 
 
 
  O alcalde de O Pereiro de Aguiar, que non acudíu ao que os socialistas califican como "o pleno máis importane do ano", o dos orzamentos, súbese o soldo en 20.000 euros, "mentras a inversión real que fará o Concello non supera o 6% do orzamento", sinala o Grupo do PSdeG-PSOE. Ademáis, advirten os socialistas que o Goberno  municipal pretende incrementar o salario de parte dos traballadores do Concellos, algúns dos cales ían nas listas do Partido Popular nas pasadas Municipais. Os socialistas, que votaron este martes en contra dos orzamentos, aseguran que "calquera veciño do municipio faría o mesmo".
 
 
O Concello de O Pereiro adicará só o 6% dos orzamentos a inversións reais, pero o alcalde súbese o soldo 20.000 euros
23 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

No pleno extraordinario celebrado este martes para debatir e votar os orzamentos do ano e curso, 2008, o Grupo Municipal Socialista votou en contra por consideralos “nefastos para o desenvolvemento económico e social do municipio” e, criticou que o alcalde non acudiu ao pleno máis importante do ano. 
Segundo explicou a concelleira socialista Carmen Figueiral, “ningún veciño de Pereiro de Aguiar votaría a favor dos orzamentos presentados polo Partido Popular". O orzamento total é de máis de cinco millóns de euros, exactamente 5.406.000 euros, dos que tan só de adicarán a inversións reais 718.149,43 euros, segundo a portavoz socialista. "O que todos os veciños e veciñas deben saber é que a inversión que fará o Concello é mínima xa que, 393.000 euros corresponden a subvencións da Xunta de Galicia", sinala a portavoz do Grupo do PSOE.  

Excesivo gasto en Persoal

Durante o debate Carmen Figueiral esixiu que reduza o gasto de persoal que supón o 42% do orzamento total, uns 2.253.010,46 euros. O capítulo I de persoal e o capítulo II de bens correntes absorben o 80% do orzamento. 
Os socialistas critican que non se contemple ningunha actuación importante para o futuro do municipio e, sen embargo o alcalde incrementa o seu soldo en 20.000 euros. “Está claro que a súa prioridade é el mesmo e logo, nun segundo plano, están os intereses e demandas dos veciños e, por riba nin acude ao pleno que determinará parte do futuro inmediato do municipio.” Figueiral solicitou ao rexedor municipal que reconsidere o seu incremento salarial. 

A concelleira socialista advertiu ao Goberno local que o capítulo de persoal  prevé unha subida salarial de dubidosa legalidade. “Establécese unha subida salarial para unha parte do persoal que pode ser irregular. Preténdese camuflar como unha subida salarial a traballadores tratados como temporais, cando non o son xa que estamos a falar de traballadores con contratos en fraude de Lei en canto realizan funcións de necesidade permanente no Concello. Ademais consideramos que dita subida supón unha discriminación, un trato desigual para o resto de traballadores do Concello”. 

A socialista ironizou coa casualidade de que parte do persoal beneficiado por esta subida foran candidatos do Partido Popular nas pasadas Eleccións Municipais; 3 auxiliares administrativos cun incremento de 318 euros ao mes (salario +SS) cada unha, unha limpadora da Galescola cun incremento de 96 euros ao mes, unha xardineira responsable cun incremento de 269 euros ao mes. Tamén resalta o incremento de 177 euros ao mes para o oficial de brigadas, un coñecido colaborador do Sr. Alcalde, mesmo nas campañas electorais. 

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página