Home  
 
 
 
JOSE CERDEIRA 
 

Alex Sánchez Vidal

 
  O Director Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), Daniel Pino, reuniuse este martes co   Tenente Alcalde, Alexandre Sánchez Vidal, para falar sobre evolución do Plan Sectorial Galego de Solo Residencial na cidade de  Ourense.  Definíronse as principais actuacións en materia de vivenda pública que a propia Tenencia desenvolverá en varias zonas da cidade, "unhas accións coas que se dará, por fin,  resposta a unha demanda prioritaria en Ourense", sinala tenecia de alcaldía.  No encontro, Pino anunciou que o Plan estará rematado no mes de setembro e listo para ser tramitado pola Xunta. Para febreiro do 2009 a Tenencia de Alcadía, responsábel de Vivenda na cidade, estará en condicións de contar cos instrumentos urbanísticos precisos para dotar á cidade de 4000 vivendas públicas.   
 
 
En menos de dous anos Ourense contará con 3.000 vivendas públicas, segundo o Instituto Galego da Vivenda e Solo  
23 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL
 

O Plan Sectorial Galego de Solo Residencial é unha ferramenta urbanística única no Estado coa que a Consellería de Vivenda e Solo poderá desenvolver solo residencial público nos municipios galegos onde detecte unha necesidade, teñan ou non estes presentes as actuacións no seus plans xerais.  Conta cunha previsión de 45000 vivendas públicas para o vindeiro ano 2017.  
Segundo as actuación previstas no Plan, en Ourense promocionaránse 4000 vivendas, 3000 nos primeiros quince meses como plan de choque para dar resposta á demanda detectada. "A cifra cumpre coa promesa electoral do Bloque Nacionalista Galego nas pasadas eleccións municipais", sinalou Sánchez Vidal.
A este respecto, o Tenente Alcalde e responsable do área de Vivenda, Alexandre  Sánchez Vidal, amosouse "plenamente satisfeito" co compromiso acadado na Consellería coa cidade de Ourense.  

O respaldo do goberno autonómico permitirá blindar as actuacións da Tenencia de Alcaldía en materia de vivenda fronte ós avatares do Plan Xeral de Ordenación Urbanística de Ourense, hoxe anulado. "Deste xeito será posíbel así cumprir cunha necesidade prioritaria para a Tenencia na cidade de Ourense", sinalou Sánchez Vidal.  

Tres actuacións determinantes

O IGVS  localiza o solo residencial público no termo municipal en tres zonas da cidade que se corresponden con sectores de urbanizacións estratéxicos.

O primeiro ubícase en Rabo de Galo, onde un antigo proxecto non desenvolto polo anterior goberno prevía a construción dunha urbanización con 700 vivendas públicas. A esta actuación, que finalmente verá a luz de xeito inminente, súmaselle agora unha prolongación na zona de Salto de Can-Rabo de Galo. A actuación, sen número de vivendas aínda definido, aumenta a dotación e permitirá tamén dar resposta os problemas de urbanización presentados na rotonda boulevard.  

A segunda actuación sitúase nos terreos de  Benposta. Desenvolveránse solucións para os viais de entrada e saída a Seixalbo e a consecuente planificación dos terreos que queden entreviais. Alí promocionaránse entre 300 e 350 vivendas públicas, como fora previsto pola BNG.  

Finalmente, a última das actuacións ocupará os terreos ao redor  da Carretera da Granxa (a trás de Peña Trevinca e a zona do Auditorio)  nunha prolongación ata Monte Alegre que enlace co futuro Parque Forestal. Unha zona estratéxica sobor da que a Tenencia xa lle tiña plantexado á Consellería a necesidade dunha urbanización completa. O número de vivendas públicas está aínda sen definir.  
 
3.000 vivendas  

A sumas dos tres proxectos arriba citados dotaría a cidade cun total de 3000 vivendas, unha cifra que mesmo supera o compromiso de Sánchez Vidal de acadar os dous milleiros en catro anos.

A estas actuacións, avaladas pola Consellería de Vivenda e Solo, é preciso sumar as rehabilitacións que xa se están a realizar no Casco Histórico, dez inmobles destinados a alugueres de entre 100 e 150 euros para a mocidade. Súmase tamén ás cincuenta vivendas proxectadas en Convadonga, inmobles dotados da máis alta vangarda para convertilas en vivenda ecolóxicas.  Ademais, cóntase, segundo o estipulado na Lei do Solo do 2002, cunha reserva para promoción pública de máis do 20%  dos solares  de Barrocás e O Polvorín.   


Volver atras
Imprimir Página