|
|
|
Por segundo ano consecutivo a Asociación de Veciños “As Lamas” de Barbadás pon en marcha unha agrupación veciñal en defensa do monte galego, iniciativa para a que volve a contar coa colaboración da Consellaría do Medio Rural. Esta inciiativa ten como finalidade colaborar coa Administración Pública na prevención de incendios forestais mediante o establecemento de brigadas de vixilancia preventiva. "As Lamas" asegura que despois da boa acollida que tivo a iniciativa o ano pasado, este ano hai máis xente aínda disposta a vixilar o monte, preto dun cento de persoas. Polo que, aseguran, os montes de Barbadás van a estar vixilados nestes meses de maís risco de incendios forestais. |
|
|
|
|
"As Lamas" repite por segundo ano e os veciños de Barbadás volven este verán a vixiar os seus montes |
|
|
21 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL |
|
Sinálase dende a Asociación que "se realiza un gran esforzo para mobilizar efectivos xa que considera que o labor de vixilancia do monte non só contribúe a evitar ou diminuír o número de incendios que se producen, senón que ademais contribúe a sensibilizar e concienciar á cidadanía acerca do importante valor económico, social e ambiental que supón o noso monte, polo que todas e todos, non só os propietarios e a administración, debemos responsabilizarnos da súa protección".
Ao mesmo tempo, sinálase que a Asociación de Veciños “As Lamas” congratúlase de ter acadado este ano o obxectivo de incrementar o número de persoas que se sumaron a esta iniciativa en relación co ano anterior, "o cal redundará sen ningunha dúbida na calidade do traballo do voluntariado permitindo unha máis intensa cobertura territorial ao longo de todo o día". Malia ter superado o centenar de persoas implicadas, se conviada a todas as veciñas e veciños do concello de Barbadás que estean dispostos a dedicar parte do seu tempo libre a esta tarefa que se poñan en contacto con esta Asociación para enrolarse na iniciativa.
As tarefas do voluntariado realízanse en quendas desde as once da maña e ata as once da noite. Este horario poderá se ampliado ou reducido en función do índice de risco de incendios que comunique a Consellaria do Medio Rural, e os grupos están formados por 4 ou 5 persoas segundo a dispoñibilidade.
En calquera caso asegura "As Lamas" que os montes de Barbadás van contar coa presenza de vixilancia todos os días e durante as horas centrais do día, e polo tanto naquelas nas que o risco de producirse un incendio é máis elevado, incrementando a vixilancia naqueles días nos que o risco sexa maior.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|