Home  
 
 
 
 
  A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible financiará con 333.474,31 euros a construción dun edificio bioclimático e un aula da natureza no Concello de Amoeiro. O inmoble terá usos múltiples e acollerá a aula da natureza, na que haberá unha exposición de carácter permanente e información medioambiental. Ademais, propiciarase a rexeneración ambiental do entorno do edificio, que se emprazará nun espazo natural situado na periferia do Concello.
 
 
Medio Ambiente da Xunta adica 333.000 euros ao Edificio Bioclimático de Amoeiro  
18 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL

A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible financiará con 333.474,31 euros a construción dun edificio bioclimático e un aula da natureza no Concello de Amoeiro, grazas a un convenio de colaboración entre que autorizou hoxe o consello da Xunta. 
A Consellería de Medio Ambiente desembolsará para este fin 110.000 euros no presente ano e 223.474,31 en 2009. Desta contía, o edificio acaparará 152.616,54 euros, a aula de comprensión da natureza 57.957,77 euros e o arranxo dos arredores 126.900 euros. 

O inmoble terá usos múltiples e acollerá a aula da natureza, na que haberá unha exposición de carácter permanente e información medioambiental. O espazo servirá tamén para que os escolares do concello realicen prácticas relacionadas con esta materia. 
Ademais, propiciarase a rexeneración ambiental do entorno do edificio, que se emprazará nun espazo natural situado na periferia do concello, pero degradado polo abandono de escombros. Esta actuación paisaxística comprende a creación dunha vía, plantación de céspede e especies autóctonas.  

A Consellería asume, por medio do dito acordo, o custo das obras do edificio, agás o proceso de urbanización, e será o concello quen leve a cabo todas as actuacións da execución das obras. 
Así mesmo, estas actuacións enmárcanse dentro dunha estratexia global de Amoeiro coa intención de sumarse á rede de concellos sostibles. 


Volver atras
Imprimir Página