Home  
 
 
 
 

Lorenzo F. Prieto, comisario da Exposición

 
  Achegar ao espectador á especificidade histórica e identitaria de Galiza a través dun percorrido pola historia do país dende as súas orixes ata 1936 é a proposta da exposición Nazón de Breogán, que agora chega a Maceda con dúas mencions aquí moi especiais: a do veterinario Benigno Álvarez e Afonso X o Sabio, persoeiro tamén moi vinculado a Maceda.
 
 
A exposición Nazón de Breogán viaxou de Ribadavia a Maceda, donde agora se atopa
17 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Dende Ribadavia, a onde a Mostra chegou a primeiros deste mes de Xulla, Nazón de Breogán viaxou a Maceda, onde agora se atopa. En Nazón de Breogán, os veciños e veciñas de Maceda achegaranse tamén á figura de Benigno Álvarez. Un home que, ademais de ser o veterinario de Maceda, destacou pola súa profunda defensa da lingua galega, polo seu esforzo a favor do movemento agrario en Ourense e polo seu grande traballo a prol da aprobación do Estatuto de Autonomía de Galiza de 1936.  

Así mesmo, no acto de inauguración da Mostra, o secretario de Relacións Institucionais lembrou que os veciños e veciñas de Maceda tamén poderán recordar unha das obras máis importantes da literatura galega, as Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio. Un persoeiro moi vinculado a Maceda, xa que, segundo referencias históricas, foi onde pasou a súa infancia e onde aprendeu galego. 

 

Éxito da mostra

A mostra é unha versión en pequeno formato da exposición de gran tamaño que percorre as principais vilas galegas e que foi deseñada pola gran acollida de público que esta estaba a ter. En total, máis de 84.000 persoas visitaron, dende xuño de 2006, a exposición Nazón de Breogán nos máis de 50 concellos que percorreu ata o de agora, tanto a mostra en gran formato que está pasando polas grandes cidades e vilas como a de menor formato, que se achega a municipios e vilas máis pequenas, como é agora o caso de Maceda. 

 
Volver atras
Imprimir Página
REDACCIÓN de Ourense Dixital