Home  
 
 
 
 
  David del Río Balado, un avogado laboralista ourensán de 41 anos, está a piques de converterse no novo director Xeral de Servicios Xerais e Recursos Humanos do Concello de Ourense, relevando neste posto a Miguel Diéguez, quen dimitira fai un par de meses do seu cargo. O nomeamento de del Río Balado está previsto que se faga na Xunta de Goberno de esta semana é decir, o vindeiro xoves. David del Río é licenciado en Dereito pola Unviersidad de Santiago de Compostela e taméné dipomado en Asesoría Laboral e Seguridade Social.
 
 
O avogado laboralista David del Río convertirase esta semana no novo director Xeral de Recursos Humanos do Concello de Ourense  
16 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL

O avogado laboralista de 41 anos, David del Río Balado, será proposto na próxima Xunta de Goberno local para ocupar a Dirección Xeral de Servizos Xerais e Recursos Humanos do Concello de Ourense, posto habilitado en función da decisión acordada polo Pleno celebrado o pasado 6 de xuño e que aprobou “a provisión do posto de director xeral de Servizos Xerais e Recursos Humanos”, segundo faculta a lexislación vixente en aras da especialización e profesionalización da xestión pública.  
David del Río Balado é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, así como diplomado en Asesoría Laboral e Seguridade Social,  e tamén diplomado en Dereito Tributario e Asesoría Fiscal. Ademáis, conta co título de Mediador de Seguros e realizou diversos cursos de especialización en Técnicas de Organización Empresarial, Economía Social e Cooperativismo.  

Este especialista en Dereito Laboral e organización de Recursos Humanos presenta, segundo se desprende da proposta de nomeamento, o perfil axeitado para cumplir as funcións que require a Lei 57/2003 de Medidas para a Modernización do Goberno Local, que persigue a especialización e profesionalización dos postos de xestión das corporacións de maior tamaño. Conforme a esta mesma lei, a convocatoria para a provisión do posto de director xeral estivo exposta ó público dos días 10 ó 21 de xuño de 2008 no taboleiro de anuncios do Concello, e foi publicada no Boletín Oficial da Provincia de Ourense num. 136, do sábado 14 de xuño de 2008.  
Ademáis, o Pleno do Concello de Ourense, na súa sesión ordinaria do pasado 6 de xuño, ratificou a provisión da praza, baixo o epígrafe de Servizos Xerais e Recursos Humanos. Finalmente, a Xunta de Goberno do próximo xoves examinará a proposta de provisión e oficializará o nomeamento.  


Volver atras
Imprimir Página