Home  
 
 
 
 

Manuel Váquez, conselleiro de Medio Ambiente

 
  O conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez, presidirá este luns a reunión constitutiva do Consello da Rede de Parques Naturais de Galicia. Trátase do órgano colexiado que coordinará a xestión dos parques naturais galegos, en colaboración coas xuntas consultivas de cada un, fomentando a participación de representantes das distintas administracións públicas e de organizacións sociais implicadas, segundo señala a Consellería de Vázquez Fernández. Estará integrado por arredor de 40 persoas, entre as que estarán representantes dos concellos nos que se sitúan os parques, de asociacións ecoloxistas, das tres universidades e da FEGAMP.
 
 
Constitúese este luns o Consello da Rede de Parques Naturais de Galicia, na que a metade dos parques son ourensáns
14 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Este lunes constitúese o Consello que rexirá a Rede de Parques Naturais de Galicia. Do novo órgano formarán parte, inicialmente, os seis parques naturais de Galicia: Serra da Enciña da Lastra, Baixa Limia-Serra do Xurés e O Invernadoiro, na provincia de Ourense; Fragas do Eume e o Complexo Dunar de Corrubedo, na Coruña; e o Monte Aloia en Pontevedra.
Así mesmo, os novos parques que se declaren quedarán automaticamente integrados no consello e, no seu caso, as superficies que se incrementen dos espazos naturais xa existentes, así como os concellos aos que pertencen, segundo asegura o departamento de Vázquez Fernández.  

Entre os obxectivos que deste novo órganos que se destacan pola Consellería de Medio Ambiente, está o de "acadar a transversalidade do Goberno galego na xestión dos parques naturais, mediante o desenvolvemento de políticas públicas sectoriais integradas  que se apliquen no territorio de xeito intensivo e coordinado". Con tal obxectivo, formarán parte do consello os departamentos autonómicos de Turismo, Cultura, Vivenda, Urbanismo, Educación, Traballo, Economía, ademais dos responsables dos concellos implicados e dun representante da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), entre outros membros. 
O Consello da Rede de Parques Naturais contará cun presidente, cargo que ostentará o responsable autonómico de Medio Ambiente,  unha vicepresidencia, que recaerá no director xeral de Conservación da Natureza, e máis de trinta vocais, entre os que se atopan representantes da administración autonómica e local (incluídos os alcaldes dos concellos dos que integren parques), expertos e representantes das tres universidades galegas, entre outros.

Funcións

O Consello da Rede de Parques Naturais de Galicia terá como principais funcións a coordinación, asesoramento e información ás xuntas consultivas dos parques, os órganos creados en cada un dos seis espazos para canalizar a participación dos intereses sociais e económicos dos axentes implicados. Así mesmo, colaborará na xestión dos parques e informará dos plans directores de cada un, establecendo as directrices e obxectivos estratéxicos comúns para a conservación e xestión da Rede.  
Outra das funcións será a de impulsar o diálogo, creando un marco institucional entre o goberno autonómico e  os concellos,  buscando a colaboración coas universidades  e os colectivos conservacionistas coa finalidade de acadar o desenvolvemento sostible das superficies protexidas. Neste mesmo senso, é obxectivo do Consello da Rede de Parques Naturais de Galicia propoñer medidas que poidan mellorar as condicións socioeconómicas  da poboación local, compatibles coa acción de conservación da natureza e aumentar a calidade de vida das persoas que viven no entorno dos parques.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página