Home  
 
 
 
 
  A Concellería de Deportes do Concello de Ourense pon en marcha un novo servizo para os aboados do Consello Municipal de Deportes. Trátase dun servicio de autobús ás piscinas de Monterrei, que sairá as tres e media da tarde dende o Pavillón de Os Remedios. Os que non sean aboados poderán viaxar neste autobús, pero só cando haxa plazas e pagando o correspondente billete.
 
 
Deportes do Concello de Ourense pon en marcha un servizo de autobús ás piscinas de Monterrei dende a cidade
12 de JULIO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A Concellería de Deportes do Concello de Ourense pon a disposición dos aboados do Consello Municipal de Deportes un servizo diario de autobús ás piscinas de Monterrei.
O servizo iniciase este sábado, día 12 de xullo, es manterase ata o 7 de setembro, segundo informa a Concellería de Deporte.

A saída diaria será ás 15.30 horas do Pavillón dos Remedios, e o regreso ás 21.10 das piscinas de Monterrei.
Para facer uso do servizo é obrigatorio, previamente, retirar no Pavillón dos Remedios o xustificante de transporte, o cal debe ser presentado xunto co carné de aboado ao condutor do autobús.
A Concellería de Deportes advirte que as persoas non aboadas poderán facer uso desrte servizo, pero só no caso de existir prazas baleiras e previo pagamento do billete do autobús.

 
 
Volver atras
Imprimir Página