Home  
 
 
 
 
O Complexo Hospitalario de Ourense deu este mércores a benvida aos 95 estudiantes de medicina da Facultade de Santiago de Compostela que realizarán prácticas ao longo do verán. "A Sanidade pública galega desenvolve así a súa función docente, grazas a colaboración dos seus profesionais, e coopera co sistema universitario axudando a potenciar o modelo de aprendizaxe baseado na práctica, recollido nas directrices do Espazo Europeo de Educación Superior", sinala ao respecto o SERGAS.
 
 
 
Preto de 100 estudantes de Medicina comezan as prácticas de verán nos centros de saúde e hospitais ourensáns
10 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL

Un total de 95 alumnas e alumnos, 86 de Medicina e 9 de Odontoloxía, da Universidade de Santiago de Compostela, realizarán nos meses de xullo, agosto e setembro prácticas nos centros de saúde e hospitais do Servizo Galego de Saúde na provincia de Ourense, iniciativa de colaboración na súa formación práctica e potenciación da accesibilidade dos estudiantes indistintamente do seu lugar de residencia.
Estas estadías de prácticas enmárcanse nas liñas de colaboración co Sistema Universitario de Galicia na formación de futuros facultativos, e consolidan unha iniciativa de regulación destas posta en marcha o pasado ano, que dunha banda promove o modelo de aprendizaxe baseado na práctica, recollido nas directrices do Espazo Europeo de Educación Superior, e doutro reforza e completa a función docente dos centros sanitarios públicos onde a colaboración dos seus profesionais é imprescindible e así esta recoñecido no modelo de carreira profesional.

Os centros sanitarios públicos da provincia ofertaron un total de 214 prazas,  195 de medicina e 19 odontoloxía, estas últimas só en Atención Primaria, repartidas entre os centros de saúde e os hospitais de Valdeorras, Verín e Ourense das en total que este ano se cubriron un 44 por cento, subindo ata o 47 por cento esta porcentaxe na oferta de Odontoloxía. Respecto ao ano 2007, a oferta de capacidade docente do Sistema Sanitario Publico de Galicia incrementouse nun cinco por cento, e o total de alumnas e alumnos que solicitaron esta actividade nun dous por cento.

O centro que recibirá un maior fluxo de estudiantes será o Complexo Hospitalario de Ourense, con 55 alumnas e alumnos inscritos, repartidos nos tres meses de verán, seguido da Xerencia de Atención Primaria con 22 alumnas e alumnos de Medicina e nove de Odontoloxía distribuídos nos Centros de Saúde Novoa Santos, A Carballeira, A Cuña-Mariñamansa, A Ponte e Valle Inclán, no concello de Ourense, e Celanova, O Barco de Valdeorras, Verín, O Carballiño e Ribadavia. Pola súa banda os hospitais de Valdeorras e Verín terán dous e sete estudiantes respectivamente.
As estadías teñen unha duración dun mes e a asignación de centro faise pola universidade, tendo en conta as preferencias de cada alumna ou alumno, dentro da oferta de prazas do sistema sanitario.

Volver atras
Imprimir Página