Home  
 
 
 
 
  Ao contrario do ocurrido en Parada do Sil, o Goberno socialista de Castro Caldelas sí permitiu ao Partido Popular sacar adiante unha moción pola que se pide ao Ministerio de Fomento a opción denominada "Corredor 3" para o trazado da Autovía A-76, Ourense-Ponferrada. Os populares de Castro Caldelas reclaman a atención agora sobre o feito de que esta mesma moción fora derrotada en Parada do Sil polo Grupo do PSOE que dirixe como alcalde Francisco Magide, argumentando que "a autovía non era necesaria porque non resolve os problemas de comunicación intermunicipais".
 
 
O PP logra sacar adiante en Caldelas a moción da A-76 por Trives que fracasou fai tres días en Parada do Sil  
9 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL

O Grupo do PSOE de Castro Caldelas que dirixe como alcalde Eladio Osorio, permitiu este martes que prosperara unha moción do Grupo do Partido Popular pola que se pedirá en diferentes estamentos tanto provinciais como autonómicos e nacionais, celeridade ao Ministerio de Fomento para resolver o trazado da Autovía A-76, Ourense-Ponferrada, e que a decisión de Madrid se decante polo denominado "Corredor 3" é decir, a opción que discurre polo interior da provincia de Ourense e as comarcas de Trives e Caldelas.

O texto da moción aprobada refire, exactamente, "instar ó Ministerio de Fomento para que sexa sensible ás enormes necesidades das comarcas de Caldelas e Trives- moi deprimidas económicamente e cun serio problema de despoboamento e de envellecemento poboacional - e en atención a argumentos socioeconómicos, medio ambientais e técnicos adopten xa a decisión de que o trazado da Autovía A-76 entre Ourense e Ponferrada, sexa o denominado corredor número tres, para así vertebrar adecuadamente aos territorios polos que transcorre, co resto da provincia de Ourense, de Galicia e de España".
Así mesmo, deste acordo darase traslado ao presidente da Deputación de Ourense, á conselleira de Ordenación do Territorio, María José Caride, ao presidente da Xunta, Pérez Touriño, a presidenta do Parlamento de Galicia, Valedor do Pobo e Defensor del Pueblo, así como a ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, e incluso ao presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero.

O Grupo Popular salienta que esta mesma mesma moción foi sometida a debate no Concello de Parada do Sil o pasado día 5 de Xuño, tamén a iniciativa do Grupo Municipal Popular, sendo alí rexeitada pola maioría socialista. Segundo o PP, "inexplicablemente nese pleno o alcalde socialista manifestou que a autovía non era necesaria porque non resolve os problemas de comunicación intermunicipais".
Ante este feito, o PP de Ourense sinala que "seguirá reivindicando dun modo inequívoco que o Goberno escolla o Corredor 3, a través da provincia de Ourense".


Volver atras
Imprimir Página