Home  
 
 
 
 
Concello de Ourense e Política Territorial da Xunta de Galicia, asinan este martes un investimento de 8 millóns de euros para 18 rúas da capital ourensá. O compromiso é de facerse cargo a Xunta de Galicia das obras de reparación destos viais e, unha vez arranxados, será o Concello de Ourense o que se faga cargo deles no sucesivo. Son 18 viais situados en diferentes barrios da cidade que, estando insertos no tecido urbano, son parte de estradas autonómicas e precisan reparacións ou ampliacións para a mellora dos servicios que prestan ós cidadáns, sinala o Concello. Dos 8 millóns que supón o acordo, 1,6 xa se investirán neste mesmo ano.
 
 
 
Política Territorial asina este martes un investimento de 8 millóns de euros en 18 rúas da capital ourensá
8 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, e a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia, María José Caride, asinarán este martes, día 8 de xullo, ás 11:00 horas no salón de plenos do Concello o convenio de colaboración entre o Concello e a Consellería para acometer a mellora dun total de 18 rúas da cidade.
O convenio suporá un investimento total de 8 millóns de euros por parte da Consellería para a realización destes traballos, dos que 1,6 executaranse no presente ano 2008. O compromiso establece que o Concello de Ourense porá á disposición de Política Territorial os terreos necesarios para realizar as obras, e recibirá a transferencia dos viais unha vez sexan realizadas as melloras.

O convenio afecta a 18 viais situados en diferentes barrios da cidade que, estando insertos no tecido urbano, son parte de estradas autonómicas e precisan reparacións ou ampliacións para a mellora dos servicios que prestan ós cidadáns.
Este carácter de estradas urbanas obriga tamén a axeitar as vías a este uso, e a extender os servicios de carácter máis urbano a estas zonas, así como a renovar aqueles que presentan deficiencias, ó tempo que mellorar a seguridade vial e as condicións de uso por parte de conductores e peóns.

Melloras

— OUR-101, Ourense-Maceda: Rúa Pardo Bazán     
— OU-101, Ourense-Maceda: R/Granxa- R/Sta Mariña
— OU-105, OU(Ponte Sevilla)-Ponte NoallaRúa Seixalbo
— OUR-402, Ourense a Cortegada: Rúa Ervedelo
— OU-100, OU -Estación S. Francisco, Rúa Peña Trevinca-Rúa da Coruña 
— OU-402, Ourense-Cortegada (OU-531): Cruce OU 413-Límite solo urbano
— OU-413, Ourense-Seminario: Cruce OU 402-Seminario Rúa Bispo Lourenzo      
— OUR-200, Acceso Estación N-525 a N-120Rúa Río Arnoia
— OUR-421, Praza Moscardó-Avda Estación Rúa Adrio Menéndez 
— N-525, Rúa Vicente Risco          
— OUR-420, D. Bosco a Avda Estación -Avda das Caldas            
— OUR-105, Ponte Noalla a Ourense: Avda de Zamora
— C-536/N-120 (S. Miguel)-OU: Avda Buenos Aires-Estrada Ponferrada  
— OUR-611, Avda B. Aires-C. Enríquez: Rúa Celso E. Ferreiro
— OU-540,OU-Portugal: Rúa Marcelo Macías (P.K. 0-1,450)
— OUR-105,Ponte Noalla a OU: Rúa do Progreso

Volver atras
Imprimir Página