Home  
 
 
 
 
  O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolle esta semana dúas novas exposicións: "Pablo Serrano. Las huellas del caminante" e "Observatorio Alterarte", que inclúe 7 videocreacións dos artitas que expuxeron xa na Sala Alterarte do Campus Universitario de Ourense.
 
 
Unha exposición de Pablo Serrano e outra da Sala Alterarte do Campus, esta semana no Centro Cultural da Deputación
7 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Dúas novas exposicións aséntanse esta semana no Centro Cultural da Deputación de Ourense. Unha delas é "Pablo Serrano. Las huellas del caminante", que se inaugurará este vindeiro xoves, 10 de xullo, as 20:30 horas. Esta exposición é froito dunha colaboración da Deputación de Ourense co Goberno de Aragón e a entidade Ibercaja, segundo informan os responsables do propio Centro Cultural ourensán.

A outra exposición é "Observatorio Alterarte", que se inaugurará o 9 de

xullo. Inclúe 7 videocreacións dos artistas que ao longo de todo este ano xa expuxeron na Sala Alterarte do Campus Universitario de Ourense.
A Sala Alerarte xa se financia cunha subvención da Deputación de Ourense, e agora o Centro Cultural da institución provincial acolle a mostra cos videos que cada un dos autores realizaron como complemento á súa presencia nesta sala universiaria. Neste caso trátase dunha exposición na que colaboran a Deputación e o Campus de Ourense.
 
Volver atras
Imprimir Página