Home  
 
 
 
 
  Os tres grupos que conforman a Corporación Provincial apoian unánimemente a candidatura do mestre e escritor trivés, Manuel Luis Acuña, como persoeiro ao que se adique o Día das Letras Galegas do ano que ven, 2009. Así o acordaron populares, socialistas e nacionalistas, que recomendarán á Real Academia Galega que se teñan en conta no caso de Manuel Luis Acuña o tempo difícil que lle tocou vivir e recordan que, homenaxeando a él, "tamén se homenaxearía a todos aqueles que adicaron a su vía a docencia".
 
 
A Deputación de Ourense proporá á Real Academia Galega que o vindeiro Día das Letras Galegas se adique a Manuel Luis Acuña  
5 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL

Os grupos políticos que conforman a Deputación Provincial de Ourense, Partido Popular, Partido Socialista de Galicia-PSOE e Bloque Nacionalista Galego, están unánimemente de acordo en apoiar a candidatura de Manuel Luis Acuña (Sobrado-Trives, 1900-1975) como persoeiro ao que se adique o Día das Letras Galegas do ano 2009, decisión que, en todo caso, corresponde á Real Academia Galega.
Manuel Luis Acuña foi poeta e mestre en Ourense, A Coruña e Madrid, represaliado despois da Guerra Civil, polo que tivo que adicarse ao ensino privado, actividade que compaxinóu coa colaboración activa en diferentes medios de comunicación como La Región, Galicia, Faro de Vigo e Nós.

Dende os grupos políticos da Deputación enténdese que, a pesares de ter publicado unicamente un libro (Firgoas, 1933), o seu traballo intelectual e a prol da lingua galega está fora de discusión e que, ademais, homenaxeando a súa figura tamén se homenaxearía a todos aqueles que adicaron a súa vida á docencia, nalgunhas épocas en circunstancias especialmente difíciles.
Así mesmo, os grupos políticos da Deputación Provincial de Ourense expresan tamén o desexo de que en futuras edicións o Día das Letras Galegas poidan adicarse a outro ilustre ourensán, neste caso o valdeorrés, Florencio Delgado Gurriarán.

Volver atras
Imprimir Página