Home  
 
 
 
JOSE CERDEIRA 
 

Alfredo García

 
  O grupo do PSdeG-PSOE na Deputación de Ourense insta  a Baltar a establecer un sistema que permita controlar á asistencia ao traballo do persoal do ente provincial e, a consensuar en Comisión Informativa unhas bases de contratación. Ademáis, os socialistas din
"celebrar" o feito de que unha cidadá "denunciara sen temor" o caso das probas de selección de persoal para Escola de Gaitas, que pide que se anulen. Tamén os socialistas denuncian que para a oficina da recadación aberta no Concello de Vilamartín, se contratou a un concelleiro do PP de O Barco e se trasladou tamén a ela ao alcalde de Rubía, Elías Rodríguez.
 
Noticias Relacionadas
  MOCIÓN do Grupo Socialista sobre o control das Contratacións de Persoal e da Asistencia ao Traballo na Deputación de Ourense
 
 
O PSOE denuncia que hai tanta falla de control nas contratacións da Deputación, como logo na asistencia ao traballo dos contratados
4 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O deputado provincial e alcalde de O Barco de Valdeorras, Alfredo García Rodríguez, defenderá no vindeiro pleno ordinario unha moción na que, unha vez máis, o PSdeG-PSOE denuncia “a arbitrariedade e o caciquismo existentes nos procesos de selección de persoal”, polo que solicitará ao presidente da Deputación que “informe, de xeito regular e ante a Comisión Informativa, de todas as variacións que se vaian  producir na plantilla de persoal”.
“Dende o Partido Socialista –continúa García- sempre denunciamos o descontrol existente nos métodos de contratación de persoal e no sistema de control de asistencia aos postos de traballo. Non existe ningún tipo de control sobre se os traballadores acoden ou non ao seu posto de traballo, nin se coñece a que hora chegan nin a que hora se van e tampouco se sabe cantas veces saen ao longo da xornada laboral.  Auténtico descontrol, caciquismo e amiguismo, son os termos que mellor definen a política de persoal da Deputación”.

O caso da Escola de Gaitas

Os socialistas amosan a súa satisfacción pola “valentía dalgúns cidadáns que non permiten as manipulacións de Baltar e as denuncian sen temor”, como é o caso da opositora que pide a anulación  das probas de selección de persoal para a Escola de Gaitas.
Sobre este asunto, Alfredo García pide ao presidente da Deputación que explique como se levou a cabo o proceso de selección de persoal da Escola de Gaitas. “É inadmisible que un cargo público diga a un cidadán que a praza de profesor se creou para o actual docente pero que, por un erro nas bases este non se puido presentar ao non cumprir  os requisitos. Non podemos seguir permitindo que polas cacicadas e manipulacións de Baltar unha persoa cualificada non logre un posto de traballo. Baltar non ten límite, agora xa recoñece que crea prazas a medida”.

O caso da oficina de recadación de Vilamartín

Hai uns días a Deputación abriu unha oficina de recadación no concello de Vilamartín para a que se contratou a un concelleiro do PP de O Barco de Valdeorras e se trasladou ao alcalde de Rubiá.  O deputado provincial asegura que “actuacións coma esta denuncian, por sí mesmas que, o único preciso para ser traballador da Deputación provincial é ser militante do Partido Popular e traballar a fondo nas campañas electorais. O que o faga, verá recompensado o seu esforzo cun posto de traballo no ente provincial.”

García pregunta a Baltar sobre cales son os fins desta oficina e,  acerca dos motivos polos que non se deu conta deste asunto na Comisión Informativa. “O grupo provincial socialista non ten constancia de que se lle dera publicidade á existencia desta praza para que outras persoas puideran presentarse a ela. Gustaríanos saber cales foron os criterios que se empregaron para contratar ao persoal desta oficina, que ‘casualmente’ son militantes do PP”.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página