Home  
 
 
 
 
  As Xornadas sobre o AVE organizadas pola Alcaldía de Ourense que comenzaron este mércores, continuarán o xoves, 3 de xullo, no Liceo, con catro ponencias técnicas nas que expertos exporán os modelos de redeseño urbano que trae aparellada a chegada do tren de alta velocidade.
 
Noticias Relacionadas
  Victor Morlán e a Conselleira de Política Territorial intervirán nunhas xornadas sobre o AVE en Ourense organizadas pola Alcaldía
 
 
Segunda das Xornadas sobre o AVE en Ourense que abriu este mércores Víctor Morlán  
3 de XULLO de 2008: OURENSE DIXITAL

- 10,30 horas. Kerstin Burckhart, especialista do Institut d´Estudis Territorials de Catalunya presentará unha ponencia sobre “Intermodalidade e TAV”

Nacida en Alemaña,  Kerstin Burckhart vive dende hai 9 anos en España, onde traballa como xeógrafa en temas relacionados cos sistemas de transporte de viaxeiros e desenvolvemento urbano. En 2007 presentou a súa tese doutoral sobre a intermodalidade do tren de alta velocidade, co título “Análise comparativa e avaliación cuantitativa da intermodalidade do tren de alta velocidade. Unha perspectiva europea da interconexión e integración en estacións ferroviarias de cidades intermedias”.

Gracias as súas estancias en diferentes países, como EE UU (Boston), Suecia (Estocolmo), ou Suiza (Berna), entre outros, e a colaboración en proxectos internacionais, especializouse  na investigación do tren de alta velocidade e a súa relación co territorio. En España realizou un diagnóstico sobre estacións intermodais de cidades intermedias e colaborou, entre outros, no Plan de Dinamización do AVE en Lleida. Actualmente traballa como investigadora no Institut d’Estudis Territorials, de Barcelona, en temas de interconexión territorial e transfronteiriza do sistema ferroviario español.

- 12,00 horas Mª del Carmen Mota, da Universidade de Castela-A Mancha falará sobre “Procesos de integración e asimilación urbana da Alta Velocidade nas cidades medias”

Arquitecta pola Universidade Politécnica de Madrid, é profesora da Escola Universitaria Politécnica de Cuenca na especialidade de Arquitectura Técnica e coordinadora da asignatura ”Infraestruturas urbanas para cidades e fogares dixitais”, do “Máster en edificación e fogar dixital”.Secretaria do Colexio de Arquitectos en Cuenca (2006-2008), colaborou na organización de distintos cursos e encontros no ámbito do urbanismo, e compatibiliza o desempeño libre da súa profesión  co ensino e investigación, onde está a desenvolver a súa tese doutoral baixo a tutela de Cecilia Ribalaygua, sobre a repercusión da Alta Velocidade Ferroviaria nas cidades de tamaño medio. Traballo que, polo seu interese, foi incluido pola Unión Europea como proxecto de investigación, iniciando a colaboración cos gobernos de Francia e Portugal.

- 17,00 horas. Ponencia da directora da empresa pública “Zaragoza Alta Velocidade”, María Pilar Sancho, sobre “Instrumentos de xestión de proxectos AVE e redeseño urbano”.

Arquitecta pola Escola Técnica Superior de Madrid nas especialidades de Urbanismo e Restauración de monumentos, técnico urbanista polo Instituto de Estudios de Administración Local, foi presidenta da Asociación Española de Técnicos Urbanistas, AETU, desde decembro de 1.998 ata xaneiro de 2005, e é profesora do Master en Urbanismo da Universidade de Zaragoza desde o seu inicio no curso 1.999/2.000.
Acadou o Premio Europeo do Espacio Urbano Público pola Recuperación do cauce e ribeiras do río Gállego ó seu paso a su paso por Zuera (Zaragoza) no ano 2002, ten sido autora de diferentes plans xerais de ordenación municipal e plans especiais de protección, entre outros traballos, e participado e organizado xornadas seminarios e congresos sobre Urbanismo e Ordenación do Territorio
Desde decembro de 2002 é directora xeral da sociedade "Zaragoza Alta Velocidad 2002 S.A.", sendo a responsable da dirección e desenvolvemento das accións de convenio suscrito entre a Deputación Xeral de Aragón, o Ministerio de Fomento e o Concello de Zaragoza o 23 de marzode 2002 desde a sociedade “Zaragoza Alta Velocidade”.

- 18,30 horas. Ponencia sobre a “Evolución dos hábitos de movilidade nas cidades AVE de tamaño medio”, a cargo de Mª Magdalena Bodelón Alonso, directora xeral da Área de Negocio Sur de Alta Velocidade-Longa Distancia de RENFE.
Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais (Sección Económicas) pola Universidade de Santiago, diplomada en Dirección Xeral polo Instituto de Estudios Superiores da Empresa (IESE) da Universidade de Navarra e funcionaria en excedencia do Corpo Superior de Administradores de Castela-A Mancha. Antes de ingresar en RENFE traballou na Administración Autonómica e Central, posteriormente foi Directora de Planificación de Empresas na Sociedade Estatal de Plans de Viabilidade da Marina Mercante e Consultora Principal de Enxeñería e Economía do Transporte (INECO).

En RENFE ocupou os cargos de Xefa de Contrato-Programa na Dirección de Planificación; Directora de Planificación, Orzamentos Corporativos e Control de Xestión de Empresas Filiais (1994-2004); e directora de Alta Velocidade (2004-2006). Actualmente desempeña o cargo de Directora da Área de Negocio Sur de Alta Velocidade-Longa Distancia. Foi membro do Consello de Administración de diversas empresas filiais de Renfe e Presidenta dos Consellos de Administración de IBERRAIL, S.A. (empresa maiorista de viaxes) e REAL, S.A. (empresa comercializadora mixta hispano-francesa).

Clausura

As Xornadas AVE organizadas pola Alcaldía rematarán o venres, 11 de xullo, coa visita a Ourense do Secretario de Estado de Planificación do Ministerio de Fomento, Victor Morlán, que recibirá un resumen das conclusións da xornada técnica e pronunciará, ás 12:45 horas unha conferencia no Paraninfo do Instituto Otero Pedraio, sobre “Desarrollo da Alta Velocidade en Galicia: O proxecto de Ourense”.

Volver atras
Imprimir Página