Home  
 
 
 
 
  Este día 4 chegará a Ourense a coral Vallis Musicae de Estados Unidos que está facendo o "Tour das Catedrais", e que chegará a nosa cidade para quedarse, incluso, o día 5 para visitar Santo Estevo, Rocas e Celanova.
 
 
Chega a Ourense a coral Vallis Musicae facendo o "Tour das Catedrais"
2 de JULIO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A coral ecuménica Vallis Musicae de Conecticut, EE.UU., formada por tres coros de igrexas -dúas anglicanas e unha católica- cantará en Ourense, según ven de facerse público. A Coral leva dous anos presentándose en Hartford, e o ano pasado por estas datas viaxou a Brasil, onde cantou en Río de Xaneiro e en Manaus.
Este ano a coral ecuménica Vallis Musicae ven en peregrinación a Santiago facendo o "Tour das Catedrais".

Despois de cantar na Catedral do Redentor, Igrexa anglicana de Madrid, este día 3 preséntanse na Catedral de León xunto coa Capilla Clásica de

León, o día 4 na catedral de Ourense, o 6 participan na Misa do Peregrino en Santiago,  e logo cantarán na Catedral de Barcelona.
Ademais, o día 5 farán a visita dos mosteiros de Santo Estevo de Ribas do Sil, Rocas e Celanova, onde os directores darán un concerto de órgano.
Un dos directores é  o ourensán David Garrido Cid, pianista que xa ten dado varios concertos na nosa cidade.
 
Volver atras
Imprimir Página