Home  
 
 
 
JOSE CERDEIRA 
 

Ana Garrido

 
  O Concello de Ourense inaugurará este luns, día 23 de xuño, a nova sede da Escola Municipal de Artes Escénicas (rúa Canle, 6, tras Auditorio), dependente da Concellería de Educación, cunha semana de portas abertas na que a nova Escola acollerá un ciclo de exhibicións de diferentes artes escénicas: capoeira, máscaras, contacontos, títeres ou malabares, entre outras, e obradoiros para nenos de máis de 7 anos e adultos.
 
 
Unha semana de portas abertas abre, a partires de este luns, a Escola de Artes Escénicas de Ourense
23 de XUÑO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Cunha semana de portas abertas repleta de actividades, inaugura o Concello de Ourense a Escola de Artes Escénicas de Ourense na Rúa da Canle. As actividades realizaranse cada día en sesións de mañá (de 11:30 a 13:30 horas) e tarde (16:30 a 18:30). O programa de cada xornada rematará ás 20:30 cun ciclo de representacións a cargo dos  tres grupos de teatro da Escola Municipal (Talía 1, 2 e 3) e dos colexios Mestre Vide e A Ponte. O Concello invita a tódolos ourensáns para que se acheguen ata a nova escola para coñecer as súas instalacións e disfrutar do programa de espectáculos, todos eles gratuítos.

As actividades comezarán este luns, 23, ás 13:00 horas, coa inauguración da nova escola, por parte do alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez. Previamente, na explanada da escola, terá lugar unha exibición de capoeira a cargo do grupo Muzenza, que achegará a tódolos asistentes unha mostra desta arte escénica, xenuinamente brasileña, cun espectáculo que o combina o teatro, a música e a danza.
As actividades continuarán pola tarde, de 16:30 a 18:30 horas, cun obradoiro de máscaras impartido por Katarsis, e outras actividades como contacontos, por parte de alumnos, ex alumnos e artistas colaboradores da Escola Municipal, e títeres, por parte do grupo da Casa da Xuventude. Ás 20:30 horas terá lugar a actuación de Talía Escolar 1, grupo de alumnos de 7 a 11 anos da Escola Municipal, que representarán a obra “Ai mamasiña qué medo”.

O martes, 24, pola mañá desenvolverase un obradoiro por parte do malabarista Senmaru e un espectáculo de contacontos. Ás 16:30 haberá unha exhibición do malabarista, e outro espectáculo de contacontos. Para rematar a xornada, ás 20:30 horas, o grupo Talía Escolar 3, de alumnos de 14 a 18 anos de idade, representará a obra “Romeo e Xulieta”.

O mércores, 25, en sesión de mañá e tarde, terá terá lugar o obradoiro Style-Makeup (efectos especiais de maquillaxe) e ás 20:30 horas actuará o grupo Talía Escolar 2, formado por alumnos de 11 a 14 anos, que representará a obra “Los sueños de fuego”.

O xoves, 26, a xornada adicarase á esgrima, cun obradoiro de iniciación, e ós contactontos, co espectáculo “Un aro con moito conto”, ambos en xornada de mañá e tarde. Ás 20:30 horas actuará o grupo de teatro do CEIP Mestre Vide. O venres, 27, rematará o programa de actividades, con dúas sesións de obradoiros de monicreques (mañá e tarde) e a actuación, ás 20:30 horas, do grupo de teatro do CEIP A Ponte.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página