Home  
 
 
 
 
  O Museo Municipal de Ourense acolle dende este mércoles a exposición "Os rostros da memoria", mostra fotográfica que reúne 45 retratos de represaliados galegos das que é autor Xurxo Lobato. Permanecerá aberta nesta sala ata o día 13 de xullo, e á inauguración asistirá o propio autor da mostra.
 
 
Chega a Ourense este mércores "Os rostros da memoria" do fotógrafo Xurxo Lobato
11 de XUÑO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Ata o 13 de xullo dende este mércores expóñense no Museo Municipal da rúa Lepanto da capital ourensá, as 45 fotografías de Xurxo Lobato que conforman a exposición "Os rostros da memoria". Son 45 fotografía que recollen "biografías públicas e privadas de costureiros, mariñeiros, zapateiros, escultores, mestres, intelectuais ou carpinteiros, homes e mulleres galegos que loitaron pola liberdade durante o franquismo".

"Rostros da memoria" constitúe un acto máis para converter aos represaliados en protagonistas dun tempo no que a recuperación da memoria é unha débeda que aínda queda pendente, sinala a Consellería de Cultura organizadora desta mostra.

 
 
Volver atras
Imprimir Página