Home  
 
 
 
 
  A Consellería de Traballo ven de concederlle ao Concello de A Mezquita un obradoiro de emprego para recuperar o patrimonio etnográfico e cultural deste Concello. O alcalde, o socialista José Luis Santamarina, expresa a súa satisfacción porque, di, "é unha oportunidade de futuro para máis de trinta persoas".
 
 
O Concello de A Mezquita terá un obradoiro para a recuperación do seu patrimonio etnográfico e cultural  
10 de XUÑO de 2008: OURENSE DIXITAL

A consellería de Traballo da Xunta de Galicia ven de conceder un obradoiro de emprego ao Concello de A Mezquita . Os participantes deste obradoiro que conta con tres módulos, albanelería, cantería e, xardinería, adicaranse á rehabilitación de pontes, fornos, muíños, restaurarán dúas casas culturais e traballarán na recuperación da Ruta da Pana, antiga ruta do contrabando durante un ano, que é o que está previsto que dure este obradoiro.

O alcalde, José Luis Santamarina Ferro, explica que "neste obradoiro  participarán 27 alumnos e alumnas e estará dirixido por un director de obra, un administrativo e tres monitores que, durante un ano,  levarán a cabo tarefas moi importantes para a conservación do patrimonio cultural do municipio. Nos vindeiros días farase pública a demanda de emprego".
O rexedor local amosa a súa satisfacción por esta concesión e asegura que "este obradoiro –continúa Santamarina- é unha oportunidade de futuro para máis de trinta persoas e, supón un avance considerable no desenvolvemento económico e social de A Mezquita".


Volver atras
Imprimir Página