Home  
 
 
 
 
  A xeración de solo industrial para o asentamento de empresas no municipio de Ourense deu un paso adiante este xoves coa aprobación, por parte da Xunta de Goberno Local, da adxudicación do contrato de asistencia técnica para a redación da modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal no solo urbanizable 02C (Montealegre), na zona de Santa Mariña, que fará posible a construcción deste polígono. Os traballos serán realizados pola empresa Oficina de Planeamento SA, e suporán un investimento de 28.420 euros con cargo ós orzamentos municipais do presente ano 2008.
Na mesma Xunta aporbáronse obras de mellora de espacios públicos en varios barrios da cidade, así como as bases que rexirán a convocatoria de axudas á rehabilitación de vivendas no Casco Histórico da cidade.
 
 
O Concello impulsa o primeiro polígono industrial de Ourense no Montealegre, adxudicando a modificación do PXOM que o fará posible
6 de XUÑO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Montealegre será o primeiro polígono industrial do municipio de Ourense. Unha actuación que constitúe un dos eixos estratéxicos de actuación da Concellería de Promoción Económica e Emprego do Concello de Ourense no marco do Pacto Local polo Emprego, que desenvolve en colaboración cos axentes económicos e sociais. Dentro desta estratexia o Concello deseña a xeación de solos para asentamento de empresas en Montealegre, de uso industrial, Seixalbo, o campus universitario e na zona noroeste da cidade.

Explica o Concello de Ourense que a xeración de novo solo industrial en Montealegre/Santa Mariña require unha modificación do planeamento xa que na zona que o Plan de 2003 -actualmente vixente- clasifica como Solo Urbanizable para chan industrial, o trazado previsto presenta unhas pendientes viarias superiores ó 25% incompatibles coa lexislación, ademáis de non ter a saída adecuada por viario público no Concello de Pereiro de Aguiar. Así, o obxecto do contrato é elaborar unha modificación puntual do Plan dirixida á mellora das determinacións xerais para o desenvolvemento do solo urbanizable que garanta a súa viabilidade, e moi en particular no que se refire á máis adecuada solución técnica do sistema viario interior e exterior de conexión e á previsión dos servicios urbanísticos necesarios e das conexións exteriores coas redes xerais.

Outros acordos

Na mesma sesión, a Xunta de Goberno Local aprobou novas obras de mellora de espacios públicos en diferentes barrios da cidade mediante a adopción dos seguintes acordos:

Aprobación do proxecto de mellora do Parque de San Rosendo, por un importe de 18.098,92 euros, e adxudicación das obras á empresa Viveros Centro Xardín.

Aprobación do expediente de contratación da subministración e instalación de material para a mellora do alumado público no Xardín do Posío, ó que a Concellería de Medio Ambiente destinará un investimento de 69.565,57 euros.

Adxudicación das obras de ampliación a excavación en área das sondaxes valorativas nas Burgas/UE-2: áreas 1-2. Os traballos serán realizados pola empresa Construcciones Poromociones Cruzval SL., por un importe de 173.860,01 con cargo ó proxecto Urban.

Aprobáronse as bases que rexirán a convocatoria de axudas á rehabilitación de vivendas e edificios nas áreas de rehabilitación do núcleo histórico de Ourense e o núcleo etnográfico de Seixalbo. O Concello destinará a esta finalidade un investimento de 108.122 euros no Casco Histórico de Ourense e 25.825 en Seixalbo no presente ano 2008. Para o ano 2009, o investimento será de 402.550 no casco vello da cidade e de 121.360 euros en Seixalbo.

A Xunta Local acordou tamén constituir un Comité de Expertos para a avaliación das ofertas presentadas no procedemento aberto para a contratación da redacción do Plan Especial de Protección do conxunto das fontes termais das Burgas e o seu contorno, declarado Ben de Interese Cultural coa categoría de sitio histórico.
O Comité de Expertos estará formado por Adolfo Rodríguez de la Rúa Román en representación da Consellería de Cultura, Javier Rivera Martínez, técnico de Administración Xeral do Departamento de Rehabilitación, Urbanización e Promoción da Vivenda do Concello, e Ana Isabel Fernández Blanco, arquitecta deste mesmo departamento municipal.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página