Home  
 
 
 
 
  A exposición, que se poderá visitar ata o 30 de xuño, amosa o drama que sofren 1.100 millóns de persoas en todo o mundo que non poden acceder a auga de calidade.
A Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza promove esta actividade en colaboración coa ONG "Acción contra a fame".
 
 
"A revolución azul" chega ao Centro Comarcal de Carballiño onde estará ata finais deste mes de xuño
4 de XUÑO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

O Centro Comarcal do Carballiño acolle a exposición “A revolución azul”, coa que se pretende amosar a problemática que se deriva da falta de auga potable, que hoxe en día sofren 1.100 millóns de persoas en todo o mundo. A exposición poderase visitar desde hoxe e ata o vindeiro 30 de xuño.
Na exposición preséntanse, a través de carteis publicitarios e de paneis didácticos, as situacións que se derivan

da carencia tanto de auga de calidade como de infraestruturas de saneamento básico. Os carteis aparecen divididos arredor de catro mensaxes clave: os aspectos xerais, os problemas concretos, as solucións existentes e a revolución azul.

A mostra tamén lles propón aos visitantes solucións posibles a estas situacións e amósalles as iniciativas e os esforzos que a ONG Acción contra a Fame está a realizar en máis de 40 países para tratar de paliar esta situación.
“A Revolución azul” está promovida pola Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galiza – dependente da Consellaría de Medio Rural –, por Cooperación Galega – dependente da Presidencia da Xunta de Galicia –, pola Comisión Europea (Axuda Humanitaria) e pola ONG Acción contra a Fame.

 
Volver atras
Imprimir Página