Home  
 
 
 
 
  A obra "Romeo e Xulieta" acadou o premio á mellor posta en escea da Mostra de Teatro Escolar para Centros de Ensino Secundario, MOTECES, que se ven de celebrar esta pasada semana en Ourense. Christian Díaz, do grupo "Tarumba", e Andrea González, do grupo "Satyrus", acadaron o premio ao mellor actor e á mellor actriz, respectivamente.
 
 
Fallados os premios da VII Mostra de Teatro Escolar para Centros de Secundarias
3 de XUÑO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

Este luns, no IES Blanco Amor, tivo lugar a clausura e entrega de premios da VII Mostra de Teatro Escolar para Centros de Ensino Secundario MOTECES 2008, organizada pola Concellería de Educación do Concello de Ourense coa colaboración do IES Blanco Amor. Participaron 7 grupos de teatro dos centros IES As Lagoas, IES Otero Pedraio, IES Universidade Laboral (con dúas obras), colexio Maristas, Santo Ángel e Santa Teresa de Jesús.

Listado de Premios

Mellor posta en escea: Para a obra “Romeo e Xulieta” do grupo “Vedruna Teatro” do C. Sta. Teresa de Jesús (Carmelitas), que foi dirixida por Pablo Silva.

Mellor actor: Christian Díaz Gómez do grupo "Tarumba" polo seu papel na obra PCH2 (Pechados) do grupo "Tarumba" do IES Universidade Laboral

Mellor actriz: Andrea González polo seu papel de Orestes na obra "Remix do mundo clásico” do grupo "Satyrus" do C. Maristas.

Mellor dirección: Matilde  Vázquez Iglesias directora do grupo “IAD-6” do IES  Universidade Laboral.

2ª mellor obra: “Flanagan &Flanagan e Flanagan” do grupo “IAD-6” do IES Universidade Laboral.

Mellor obra: "PCH2" (Pechados) do grupo Tarumba do IES Universidade Laboral

Premio do público: para a obra: "PCH2" (Pechados), do grupo Tarumba do IES Universidade Laboral

 
 
Volver atras
Imprimir Página