Home  
 
 
 
 
Trátase doutra actividade reivindicativa de Amigos da Terra polo Bidueiral de Montederramo. O obxectivo é conquerir retirar o valado cinexético que foi instalado fai cinco anos e para recoller probas do estado actual. Amigos da Terra recorda que este bosque esta catalogado coma LIC lugar de importancia comunitaria dentro da Rede Natura 2000 e é considerado coma o bidueiral mais importante localizado ao sur de Europa e un dos bosques autóctonos mellor conservado da provincia de Ourense.
 
Noticias Relacionadas
  POR TERRITORIO ROMASANTA:
A Redondela y As Gorvias
 
 
 
Amigos da Terra organiza outra andaina reivindicativa este domingo polo Bidueiral de Montederramo
31 de MAIO de 2008: OURENSE DIXITAL

Este domingo, 1 xuño, Amigos da Terra dentro do Programa "Maio Xove" da Casa da Xuventude de Ourense, organiza unha andaina polo Bidueiral de Montederramo na Serra de San Mamede.
Esta andaina lévase a cabo co fin de reivindicar a necesidade de supresión do valado cinexético que foi instalado fai cinco anos e para recoller probas do estado actual.
"Camiñaremos pola Serra de San Mamede coñecendo varios ecosistemas de montaña  observando bosques autóctonos e ribeira, e tamén diferentes problemáticas ambientais coma o efecto dos incendios, a proliferación de pistas, etc", sinalan os organizadores desta andaina reivindicativa.
Pola tarde percorrerase o Bidueiral de Montederramo, "no que as cores brancas das cortizas dos bidueiros acompañaranos durante  nosa andaina". Este bosque esta catalogado coma LIC lugar de importancia comunitaria dentro da Rede Natura 2000 e é considerado coma o bidueiral mais importante localizado ao sur de Europa e un dos bosques autóctonos mellor conservado da provincia de Ourense.

PROGRAMA:

10:00 h. Saída do Parque de San Lázaro de Ourense.
11:00 h. As Corcerizas -  Bidueiral de Montederramo
14:00 h. Xantar no Bidueiral
15:30 h. Bidueiral - Fontedoso (Montederramo)
18:00 h. Volta en autobús dende Fontedoso cara Ourense
Dificultade: media.

Consellos: calzado cómodo, roupa de abrigo, protección solar, impermeable por se chove, comida e bebida para a andaina.

Volver atras
Imprimir Página