Home  
 
 
 
 
  A xornalista especializada en Educación e Prevención do consumode droga Begoña del Pueyo impartirá este xoves a conferencia “Pais sin complexos”, organizada polo Concello de Ourense con entrada libre e gratuita. A actividade forma parte do programa "Escola de Nais e Pais".
 
 
"Pais sin complexos", título da conferencia de Begoña del Pueyo dentro de "Escola de Nais e Pais"
28 de MAYO de 2008: OURENSE DIXITAL
   

A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense organiza este xoves, día 29 de maio, a conferencia “Pais sin complexos”, impartida por Begoña del Pueyo, xornalista especializada en temas educativos e coordinadora do programa Protagonistas en Barcelona. A charla, con entrada libre e gratuíta, será ás 19:00 horas no salón da Obra Social de Caixanova na Avenida de Pontevedra, dirixida a nais, pais, educadores e persoas interesadas, en xeral, en materia de educación dos cativos.


Begoña del Pueyo é autora de “¿Y si mi hijo se droga? Claves prácticas para prevenir, saber y actuar”, un libro sobre as drogas e os perigos que conlevan para os adolescentes. Coordinadora do espacio “Todos contra las drogas” do programa Protagonistas e do “Partido contra as drogas”, o seu labor e implicación fixérona merecedora de diferentes premios polo seu labor educacional e preventivo.

Esta conferencia forma parte do programa “Escola de Nais e Pais” que desenvolve a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense, e ten como finalidade apoiar a nais e pais no proceso evolutivo, educativo e madurativo dos seus fillos, tentando fortalecer o seu papel referencial, ó tempo que potenciar a comunicación e as habilidades sociais para favorecer o clima emocional e unha personalidade axeitada para unha boa adaptación social.

 
Volver atras
Imprimir Página