Home  
 
 
 
JOSE CERDEIRA 
 

Xosé Manuel Firvida

 
  O BNG de Barbadás esixe ao Concello de Barbadás que se faga coa maior celeridade posíbel coa propiedade dos terreos reservados na denominada “Area de Reparto-10” para a construción dun Instituto. Os nacionalistas de Xosé Manuel Fírvida dicen ter coñecemento de que o Goberno municipal está a mudar a distribución da edificabilidade do AR-10 do planeamento, o que podería provocar retrasos na tramitación dos terreos que compre por a disposición da Xunta.
 
 
O BNG de Barbadás denuncia que o Concello pon atrancos á Xunta para dispor dos terreos para a construción do instituto  
27 de MAIO de 2008: OURENSE DIXITAL

A posibilidade de que o Concello esté a mudar a distribución da edificabilidade das zonas comúns e dos accesos no AR-10, "poderían retrasar a consecución da dispoñibilidade dos terreos para cederllelos á Consellaría de Educación para a construción do Instituto", sinala o Grupo do BNG no Concello de Barbadás. Segundo o portavoz nacionalista, Xosé Manuel Fírvida, estes cambios no planeamento da Valenzá provocarán o retraso nos trámites administrativos precisos para facer realidade unha necesidade do concello.
Sinala o portavoz do Grupo do BNG que, xa o 9 de marzo de 2007 a Consellaría de Educación solicitou un estudo topográfico ao Concello de Barbadás para coñecer se os terreos reservados na área de reparto AR-10 eran aptos para a construción dun instituto. "O Concello aínda remitiu dito informe á Delegación de Educación a pasada semana", asegura Fírvida.

O BNG alerta de que ao demorarse moito a consecución dos terreos, a Xunta non poderá destinar unha partida orzamentaria no ano 2009 para a realización do proxecto para a construción do instituto.
Segúndo Xosé Manuel Fírvida, "o Concello de Barbadás continua a actuar con desidia e irresponsabilidade política, ao antepor os intereses dos promotores aos da cidadanía,  e impedindo contarmos canto antes cun instituto no noso concello".

Volver atras
Imprimir Página